A Xunta reten as axudas ás federacións deportivas galegas

A Xunta reten as axudas ás federacións deportivas galegas

A Xunta reten as axudas ás federacións deportivas galegas

Deporte baseA portavoz de Deportes do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao goberno galego de reter o segundo pagodas axudas ás federacións deportivas. Nunha iniciativa parlamentaria, lembra que, malia que o primeiro pago xa foi efectuado, o segundo está “en risco” dado o costume do goberno de Feijóo a pechar os exercicios orzamentarios en setembro para adulterar os datos de déficit.

Acuña sinala que as achegas destas entidades adoitan ser fragmentadas en dous pagos, si ven este ano, e xa en pleno mes de setembro, non se teñen noticias do segundo pagamento. Presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama ao goberno que explique cando vai terminar de pagar as achegas correspondentes ao ano en curso.

Explica que a maioría destas entidades “teñen grandes dificultades económicas”, que se ven aínda mais complicadas pola crise económica e os recortes do Goberno Feijóo, o que fai das axudas institucionais un elemento imprescindible para a supervivencia das federacións deportivas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar