A Xunta reparte arbitrariamente axudas aos concellos polos temporais do pasado inverno

A Xunta reparte arbitrariamente axudas aos concellos polos temporais do pasado inverno

A Xunta reparte arbitrariamente axudas aos concellos polos temporais do pasado inverno

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou ao conselleiro de Presidencia de ter convocado as axudas aos concellos polos danos ocasionados polos temporais do pasado inverno para beneficiar deliberadamente a concellos afíns. Así o dixo na sesión de control ao goberno no Pleno do Parlamento de hoxe.

A responsable socialista sinalou que estas axudas, previstas para saneamento e abastecemento de auga, pavimentación de vía pública, reformas de inmobles e dotación de equipamentos para os concellos de menos de 10.000 habitantes, foron convocadas en réxime de concorrencia non competitiva. Ademais, advertiu, malia que contaba cun prazo de 30 días, o crédito esgotouse en apenas 20 días.

Rodríguez Rumbo sinalou que os concellos que quixeron adherirse ás axudas tiveron que solicitar os proxectos e anteproxectos requiridos para as solicitudes atopáronse con que no momento de presentalo o crédito estaba esgotado. Esta circunstancia, sinalou, evidencia que había administracións que xa coñecían da convocatoria das axudas antes da súa aprobación, o que permitiu acelerar os prazos.

Puntualizou finalmente que por moito que a Xunta insistira, a realidade é que as axudas non só incluían os danos polos temporais, senón que permitía solicitalas aos concellos que respectaran os requisitos de estabilidade orzamentaria e que non recibiran axudas superiores a máis de 20.000 euros na liña non competitiva do Fondo de compensación Ambiental.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar