A Xunta renuncia ao Plan Junker "porque a súa relixión non llelo permite"

A Xunta renuncia ao Plan Junker "porque a súa relixión non llelo permite"

A Xunta renuncia ao Plan Junker "porque a súa relixión non llelo permite"

Grupo SocialistaO portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Asuntos Europeos, Pachi Vázquez, acusou hoxe ao PP de renunciar ao Plan Junker de estímulo económico “porque a súa relixión non llelo permite”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para que a Xunta se sume a esta iniciativa para mobilizar 300.000 millóns de euros en 3 anos e que foi rexeitada polo PP.

Censurou a tibia acollida do PP a este programa, obsesionado en persistir no “austericidio que converte ás vítimas en responsables da crise e aos responsables nos principais beneficiarios”. O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que “cambie sufrimento por crecemento” e comece a senda do estímulo económico e do impulso da creación de emprego.

Advertiu que “ou xogamos a participar do futuro ou agardamos a ver qué pillamos cando xa estea todo o pescado vendido” e apelou ao “sentido común” para apoiar esta “iniciativa transversal que só tería beneficiarios: os cidadáns deste país”.

Sen embargo, lamentou que a “relixión” do PP lles impida ver mais alá da austeridade nin apoiar unha soa proposta da oposición, xa que, resumiu, “aínda que lles propuxera votar que son as 18,22 h. tamén votarían en contra”.

O PP rexeitou así pedirlle ao goberno que se dirixa ao Consello Europeo para solicitar “unha nova orientación económica baseada fundamentalmente no estímulo do emprego e no crecemento económico, abandonando as políticas dunha suposta austeridade mal entendida e baseada nos recortes sociais”.

Execución

Pachi Vázquez lembrou ademais que a Xunta vai provocar que os galegos e galegas perdan 421 millóns de euros dos fondos Feder que “caducan” a 12 de decembro porque “non os van executar”. Lembrou que a día de hoxe só teñen executado o 65 por cento dos 1.185 millóns de euros dese programa, que “deixan escapar por non dar executado miles de millóns”.

Así o dixo logo de que o PP anunciara o seu voto en contra de “tomar as medidas precisas para que o cen por cen dos fondos europeos destinados á nosa Comunidade sexan investidos e xustificados dentro dos prazos establecidos, garantindo a disposición de crédito suficiente para facer fronte ao cofinanciamento correspondente”.

Tamén rexeitaron “levar a cabo o control necesario para garantir unha utilización correcta de fondos europeos, poñendo en coñecemento da Oficina Europea de Loita contra a Fraude cantas irregularidades se poidan detectar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar