A Xunta renuncia a repoñer o coidador para rapaces con necesidades especiais no CEIP Quiroga Palacios

A Xunta renuncia a repoñer o coidador para rapaces con necesidades especiais no CEIP Quiroga Palacios

O deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo criticou hoxe a renuncia expresa do conselleiro de Educación a repoñer un dos dous coidadores para os catro rapaces con necesidades especiais do CEIP Quiroga Palacios, de Santiago de Compostela.

Sánchez Bugallo presentou unha pregunta ao conselleiro no Pleno do Parlamento diante da situación destes rapaces, en cursos e aulas diferentes que fai “imposible” a súa atención por un só coidador. Sinalou que ata principios de outubro o centro contaba con dous coidadores para atender a estes nenos e nenas, dous deles co maior grao de discapacidade recoñecida, unha xordo – cega e outro deles con problemas de mobilidade.

A situación, dixo, resulta “grave” pola repercusión que ten na vida dos nenos e nenas, que viron cómo estiveron unha semana sen coidador ata que foi comunicada a baixa do único co que contan, tendo que ser atendidos polo labor e o esforzo do resto dos profesionais “que non o teñen previsto nin encomendado entre as súas funcións”.

O deputado socialista sinalou que “o certo é que non vai resolver un problema” logo de acusar ao conselleiro de “agocharse detrás de catálogos e regulamentos” e de que este declinara a proposta de reunirse cos pais e nais presentes no Pleno para “coñecer a natureza do problema”.

Censurou que o conselleiro respondera cun suposto aumento dun docente na plantilla do centro para un aumento de 42 alumnos dende o curso pasado ao actual. Explicou que a ratio de alumnos “empeorou” malia a nova contratación, xa que pasaron de ter 27 docentes para 372 alumnos a ter 28 para 413 alumnos, é dicir, pasaron de 13,7 a 14,75 alumnos por cada profesor.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar