A Xunta renuncia a implantar a especialidade de enfermaría familiar e comunitaria

A Xunta renuncia a implantar a especialidade de enfermaría familiar e comunitaria

A Xunta renuncia a implantar a especialidade de enfermaría familiar e comunitaria

enfermerasA Consellería de Sanidade confirmou hoxe a súa renuncia a crear a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, desmentindo as promesas feitas pola propia conselleira na recente apertura do IX Congreso de Asociacións de Enfermaría. Así llelo dixo en resposta a unha pregunta oral presentada por Carmen Acuña na Comisión de Sanidade celebrada hoxe no Parlamento.

A responsable socialista salientou a intención do goberno de crear tan só unha categoría xenérica de enfermeiro ou enfermeira especialista, sen ter anunciado sequera o seu calendario de implantación.

Lamentou que o déficit de profesionais de enfermaría que vive a sanidade pública galega non teña animado á Xunta a aumentar o número de efectivos, senón que polo contrario reduce os recursos e obriga a que “unha vez mais teña que ser a profesionalidade dos traballadores e traballadoras do Sergas a que afronte a situación asumindo mais traballo”.

Advertiu que mentres España é un dos países da UE con menos profesionais de enfermaría, por debaixo de Portugal ou Romanía, Galicia é unha das comunidades autónomas con menor número de enfermeiros e enfermeiras. Explicou que “ademais de dispor de pouco persoal, o que temos o estamos utilizando mal” e engadiu que “non ten sentido formar profesionais sen ter medios para utilizalos acaídamente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar