A Xunta reemplaza as funcións do Igape por contratos a KPMG e Price Waterhouse

A Xunta reemplaza as funcións do Igape por contratos a KPMG e Price Waterhouse

A Xunta reemplaza as funcións do Igape por contratos a KPMG e Price Waterhouse

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe a contratación por parte do Igape das consultoras KPMG e Price Waterhouse Cooper para “reemplazar as funcións do Igape”. Na comparecencia do director xeral do organismo na Comisión de Economía, Losada criticou a utilización deste ente “para apoiar ás consultoras antes que ás empresas galegas”.

O responsable socialista denunciou a recente contratación das consultoras privadas para “facer o traballo que ten que facer o Igape” na busca de liñas e ferramentas de apoio a sectores estratéxicos. Losada dixo que esta decisión constitúe unha “bofetada ao persoal do Igape” dentro dun “proceso de privatización e desmantelamento de libro” dun organismo constituído por Laxe e que acadou a súa maior expresión con Fraga e Touriño.

Losada preguntoulle ao director xeral “qué fai o director da Área de Internacionalización do Igape” cando “teñen que contratar a dúas consultoras privadas” para “facer o traballo que deberan facer os altos cargos nomeados para estas cuestións”.

Preguntou ademais polo recente anuncio dunha resolución de contratación directa, publicado no DOG hai dous días, literalmente para “servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de empresa dixital e industria 4.0”, un título “escuro e críptico” que supón un gasto de 5,7 millóns de euros “non sabemos para qué, excepto que vaia ser para contratar unha nova consultora”.

Losada criticou o desaproveitamento de instrumentos como o Igape, nun momento no que os créditos da banca privada se reduciron nun 40 por cento dende o ano 2009, ata os 43.020 millóns contabilizados no último trimestre de 2015. Mentres, o goberno galego “empápase dun discurso triunfalista de propaganda” logo de permitirse quedarse un 0,15 por cento por debaixo do obxectivo de déficit cun 20 por cento de desemprego.

Investor’s Day

O parlamentario socialista criticou o recente Investor’s Day Think In Galicia celebrado por Feijóo para “presumir de investimento estranxeiro” cando esta Comunidade Autónoma, que supón o 5,1 por cento do PIB estatal e o 6 por cento da poboación, apenas recibe o 0,38 por cento do investimento estranxeiro do Estado.

Lamentou que o goberno galego se manteña “entretido” nestas xornadas en plena crise da demanda que “require dunha actuación pública proactiva, intensa e sistematica”, e non dunha estratexia centrada na devaluación salarial.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar