A Xunta reduce máis de dous millóns do programa de protección e inserción social e das pensións asistenciais

A Xunta reduce máis de dous millóns do programa de protección e inserción social e das pensións asistenciais

A Xunta reduce máis de dous millóns do programa de protección e inserción social e das pensións asistenciais

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao goberno galego de ter reducido en máis de dous millóns de euros o programa de protección e inserción social e as pensións asistenciais. Na presentación dos orzamentos da Consellería de Política Social en Comisión parlamentaria, advertiu que estes evidencian a “nula conciencia social” do goberno galego.

A responsable socialista sinalou que este descenso débese fundamentalmente á diminución das axudas para loitar contra a desigualdade económica e o fondo extraordinario para preceptores de subsidios e pensións non contributivas. Lamentou esta decisión do goberno galego precisamente “onde só un de cada catro pensionistas supera a barreira do mileurismo e onde as mulleres perciben dúas de cada tres pensións por debaixo do salario mínimo.

Ademais, redúcese a partida destinada ao plan de loita contra a pobreza e a exclusión social “mentres medio millón de persoas padecen carencias materiais, 136.000 de carácter severo. Engadiu que 100.000 fogares teñen dificultades para manter a calefacción no inverno, un 1,2 por cento non acadan unha comida de carne, polo ou peixe cada dous días e “hai pobreza infantil significativa”.

A responsable socialista lamentou que o goberno galego continúe paralizando “de facto” a aplicación da dependencia en Galicia, con demoras “intolerables” na prestación de axudas mesmo despois de ter sido concedidas. Engadiu que a suba dos orzamentos destinados á Risga “non poden agochar que se trata dunha axuda que chega tan só a 9.000 persoas cando hai 300.000 persoas con dificultades para asumir a factura da luz.

Sinalou que estes orzamentos supoñen o “fracaso anunciado” da loita de Galicia fronte á crise demográfica, cando “non fan nada para invertir a emigración moza” e as medidas destinadas á conciliación da vida familiar e laboral son “un mal chiste como a caixa finlandesa e axudas de apenas 100 euros” mentres deixan as partidas de conciliación cunha execución de apenas o 70 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar