A Xunta reduce inspeccións fiscais cando máis aumenta a fraude

A Xunta reduce inspeccións fiscais cando máis aumenta a fraude

A Xunta reduce inspeccións fiscais cando máis aumenta a fraude

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe a drástica redución das inspeccións fiscais e da recadación por fraude das grandes fortunas por parte da Xunta en pleno aumento destas prácticas irregulares por mor da crise. O responsable socialista presentou unha interpelación sobre o desleixo do goberno galego fronte unha fraude fiscal que representa o 25 por cento da economía galega, 14.000 millóns anuais.

O responsable socialista criticou que o goberno galego teña reducido a labor inspectora e nega ao Parlamento información sobre a súa actividade na loita contra a fraude, “comprensible cando o PP vén sendo un defraudador fiscal reiterado e continuado no tempo, segundo os últimos autos xudiciais”.

Dixo que a súa “conduta irregular e presuntamente delictiva cuestiona calquera iniciativa de rexeneración democrática que impulse a Xunta, a lo menos mentres non dea unha imprescindible explicación e asunción de responsabilidades”. Criticou que a Xunta continúe negando información sobre a súa actividade fiscal, nomeadamente o Plan Especial de Control da Axencia Tributaria, malia ser solicitado formalmente polo PSdeG.

Lamentou o “noxo sistemático do goberno polo control parlamentario”, especialmente cando “todo o Estado está boquiaberto” logo de coñecer que o ex ministro e ex presidente de Bankia, Rodrigo Rato, acolleuse á amnistía fiscal e está a ser investigado por presuntos delitos de blanqueo de capitais, estafa, falsidade documental, apropiación indebida e delitos societarios.

Méndez Romeu sinalou que “quen no seu momento dirixía a loita contra a fraude fiscal resultou ser un dos grandes defraudadores. Esta información, dixo, confirma que “a amnistía fiscal foi deseñada á medida dos seus amigos”, concedendo aos grandes defraudadores “unhas condicións regularizadoras moito mais favorables da que teñen a meirande parte dos contribuíntes.

A xestión da política fiscal por parte do goberno actual demostra, ademais, un “uso político e partidario do ministro de Facenda dos datos e informes que coñece polo seu cargo”. Criticou que estea a desenvolver unha “actuación sectaria e invasiva da axencia tributaria estatal, que converteron cunha “oficina intervida politicamente”.

Xunta

Ao mesmo tempo, engadiu, a Xunta substitúe a información sobre a súa actividade inspectora por unha nota de prensa anual de “marcado carácter propagandístico”. Acusou a Feijóo de ofrecer en rolda de prensa datos deliberadamente manipulados dunha suposta recadación de 181 millóns de euros de débeda non declarada, agochando que o 85 por cento corresponde á actividade ordinaria e só 35 á actividade inspectora contra a fraude.

Méndez romeu citou os datos ofrecidos pola Axencia Tributaria Estatal, que revelan a redución da actividade inspectora da axencia galega nun 62 por cento, as actas nun 61 por cento e a cota tributaria no 33 por cento. Tamén baixaron as actas por inspector e os expedientes sancionadores nun 45 por cento e o importe das sancións nun 81 por cento.

O Ministerio advirte ademais que os medios humanos da axencia galega baixaron un 30 por cento, e que cando España ten menos da metade dos funcionarios fiscais que Francia e un terzo de Alemaña, Galicia ten tan só unha terceira parte da media estatal, e mesmo Asturias dedica á loita contra a fraude o dobre de recursos que esta Comunidade Autónoma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar