A Xunta reduce as 1.000 caldeiras de biomasa anunciadas a 640 que "nin sequera sabemos si están instaladas"

A Xunta reduce as 1.000 caldeiras de biomasa anunciadas a 640 que "nin sequera sabemos si están instaladas"

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Industria de xerar “falsas expectativas” ao ter comprometido a instalación de 1.000 caldeiras de biomasa antes do remate de 2014. A deputada socialista preguntou na Comisión de Medio Ambiente pola cifra final de caldeiras aprobadas, que a Xunta estimou en 640. Vilán puxo en dúbida os datos do goberno galego por canto “nin sequera son quén de verificar si as caldeiras foron instaladas efectivamente antes do remate do ano”, co que acusou á Xunta de ter reducido o seu

compromiso a un “mero anuncio propagandístico”. Este escepticismo ven de ser alimentado hoxe pola intervención do director xeral de Enerxía, Ángel Bernardo Tahoces, quen reduciu o suposto “compromiso” do goberno galego a unha mera “previsión”. Un auténtico “fiasco”, dixo Vilán, que exemplifica a falla de compromiso da Xunta co medio ambiente e as enerxías renovables. A deputada socialista contrastou o desleixo do Executivo autonómico con iniciativas como a Lei de Transición Enerxética de Francia, que destinaba 10.000 millóns de euros en 3 anos para renovar 500.000 edificios ao ano e aumentar o consumo das enerxías renovables ata o 32 por cento do total a finais de 2030. Patricia Vilán presentou esta iniciativa como mostra da falla de compromiso do goberno galego co medio ambiente diante da conmemoración do Día Internacional do Medio Ambiente, o próximo día 5 de xuño, e ratificou o compromiso dos socialistas galegos para impulsar un gran cambio institucional e tecnolóxico que poña coto ao quentamento global.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar