A Xunta reduce á metade as axudas contra a pobreza enerxética

A Xunta reduce á metade as axudas contra a pobreza enerxética

A Xunta reduce á metade as axudas contra a pobreza enerxética

O portavoz de Economía, Industria e Orzamentos do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao conselleiro de Industria de ter reducido á metade as partidas para o “tique social” contra a pobreza enerxética nos orzamentos do próximo ano. Así o dixo nunha interpelación na que criticou a falla de medidas do goberno para paliar esta situación que afecta ás persoas con máis dificultades económicas.

O parlamentario socialista criticou que os orzamentos da Xunta destinen 1,2 millóns de euros a un tique social “insuficiente”, apenas o 60 por cento do rexistrado o ano anterior, mentres o número de fogares sen ingresos en Galicia aumentan un 17,7 por cento e 76.000 galegos e galegas suman máis de dous anos no paro. Dixo que o programa de axuda enerxética só se tramita “vía internet, resulta enormemente complexo e pura e simplemente non soluciona o problema”.

Lamentou o sistemático voto en contra das propostas socialistas para garantir subministro enerxético ás familias con dificultades mentres amparan ás grandes enerxéticas e aos seus “beneficio empresariais escandalosos”. Censurou a indolencia do goberno galego de cara a unhas empresas que sumaron 6.000 millóns de beneficios no último ano mentres soben a factura un 28 por cento dende abril.

Contrastou a situación de Endesa, Iberdrola e Gas Natural coa situación das tres grandes enerxéticas de Alemaña, onde cun mercado de usuarios que duplica ao español teñen unhas perdas de 6.000 millóns. Alertou da “correlación entre as tarifas da enerxía, das que España está entre as máis altas de Europa, e os resultados empresariais”.

Desigualdade

O responsable socialista esixiu o “compromiso político de levar adiante unha política seria, coordinada para desenvolver un plan integrado de erradicación e loita contra a pobreza enerxética” que o PP ten vetado no Parlamento mesmo nunha iniciativa debatida onte, cando en Galicia hai 12.000 familias galegas vivindo en chabolas, e 10.000 delas sen inodoro.

Lamentou o desinterese do goberno galego á hora de loitar contra a desigualdade social ao manter este tipo de situacións de emerxencia social e negarse a considerar a Risga un dereito subxectivo mentres renuncian a utilizar as martes de déficit que lle permite o goberno central, deixando sen executar 57 millóns de euros nos próximos orzamentos por manterse debaixo do límite.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar