A Xunta reduce a eurorrexión Galicia - Norte de Portugal a "actos festivos e reunións de amigos"

A Xunta reduce a eurorrexión Galicia - Norte de Portugal a "actos festivos e reunións de amigos"

A Xunta reduce a eurorrexión Galicia – Norte de Portugal a "actos festivos e reunións de amigos"

A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao goberno galego de baleirar de contido e orzamentos á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal. Na comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores en Comisión, a deputada socialista criticou a parálise do órgano e a redución do seu investimento en mais do 90 por cento dende a chegada de Feijóo.

Blanco criticou que a antiga Eurorrexión quedou reducida, co goberno do PP, a “actos festivos e reunións de amigos que celebran en beneficio de intereses partidistas do PP”. A Agrupación é hoxe sinónimo do fracaso de Feijóo no impulso da zona, por canto o maior incremento do paro se produce precisamente na zona transfronteiriza.

Verín foi dende 2008 o epicentro do desemprego, cun incremento entre o 60 e o 100 por 100 en toda a raia, mentres o Norte de Portugal é a segunda rexión con mais taxa de desemprego do país luso.

Criticou que en lugar de dedicar os esforzos de España e Portugal na Eurozona se centren en reactivar a actividade económica e recuperar o emprego, estean publicitando o Cumio hispano – luso que presidirán Rajoy e Passos Coelho. Un encontro, dixo, que reunirá a “dous líderes europeos do desemprego, a desigualdade, a paralización económica e a emigración”.

Cualificou o cumio como un “acto de oportunismo político de dous presidentes aos que a cidadanía está a piques de xubilar polas súas políticas antisociais e retallo de liberdades”. Os dous mandatarios “intentan confundirnos falando de mobilidade voluntaria, necesaria e importante coa emigración forzosa á que as súas políticas están sometendo a milleiros de persoas, en especial á mocidade”.

Actividade económica

Noela Blanco urxiu a posta en marcha de plans dirixidos a dinamizar a actividade económica para “dar pulo aos sectores produtivos” e sobre todo “á posta en marcha de medidas para reducir a desigualdade, pois é o único camiño para xerar riqueza”.

Ademais reclamou unha explicación pública sobre a deturpación do programa Iacobus, orixinalmente dirixido á cooperación e á mobilidade académica no espazo luso – galaico que “deixa fora ao estudantado”. Este programa é hoxe empregado case en exclusiva polo persoal docente e administrativo das universidades, logo de que reducira o seu orzamento dende 300.000 a 100.000 euros, unha contía “ridícula”.

Reprobación do alcalde de Xinzo

A deputada socialista reclamou a reprobación da actitude do alcalde en funcións de Xunzo, Antonio Pérez, que despois de que o presidente da Cámara de Montealegre acudira a un acto da candidata socialista “dixo que as relacións entre ambos concellos ata o momento foran cordiais, pero que iso cambiaría a partir de agora”.

Noela Blanco cualificou dita actitude de “berrinche que demostra o sectarismo político e revela o enfado de quen ven de perder mais de un milleiro de votos nas pasadas eleccións municipais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar