A Xunta recortou 161 millóns de euros para o medio rural e en 2011 deixou sen executar outros 70, poñendo en perigo os fondos comunitarios

A Xunta recortou 161 millóns de euros para o medio rural e en 2011 deixou sen executar outros 70, poñendo en perigo os fondos comunitarios

A Xunta recortou 161 millóns de euros para o medio rural e en 2011 deixou sen executar outros 70, poñendo en perigo os fondos comunitarios

Sonia Verdes esixe á Xunta que explique as consecuencias para Galicia dos recortes aplicados polo Ministerio de Agricultura

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, sinalou que Feijóo ten recortado 161 millóns de euros para o medio rural dende a súa chegada á Xunta, malia o que no exercicio de 2011 esta Consellería deixou sen executar outros 70 millóns de euros. Verdes presentou unha Interpelación na que advirte que sitúa a Galicia en risco de perder os fondos comunitarios.

A responsable socialista apunta que a Consellería do Medio Rural, cun grao de execución orzamentaria de apenas o 65 por cento, está desaproveitando nun momento de grave crise económica os recursos dos que dispón o Goberno galego. Ademais, desbota a optimización dos fondos europeos para a recuperación económica e a dinamización do medio rural.

Sonia Verdes apunta que a esta situación súmase o recorte drástico nos orzamentos do Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente e Alimentación, que reduciu nun 31,2 por cento, un total de 876 millóns de euros. Sinalou que estes recortes drásticos, que “afondan nos recortes e a nefasta xestión da Consellería do Medio Rural coa xestión de Feijóo”, poñen “en risco o cofinanciamento dos programas europeos”.

En concreto, explicou que o Goberno galego “compromete o investimento dos fondos europeos do PDR de Galicia 2007/2013, que deberan optimizar para mellorar a competitividade das explotacións galegas e das áreas rurais nun momento de crise”.

A portavoz socialista de Agricultura lamentou que a Xunta non estea preocupada “nin o mais mínimo” por investir os seus orzamentos no momento en que “se deben decidir asuntos de vital interese para a dinamización dos sectores estratéxicos para Galicia vinculados ás actividades agrogandeiras e forestais”.

Nomeou neste sentido “o cambio normativo da Lei de Montes, a posta en marcha do paquete lácteo, a consolidación das organizacións de produtores ou a reforma da PAC, que esixirá implementar a mobilidade de terras para garantir a competitividade das explotacións galegas.

Por este motivo, reclama ao goberno galego que explique na Cámara autonómica cómo vai incidir o recorte do Ministerio de Agricultura nas políticas de dinamización do medio rural galego ou o desenvolvemento dos programas de desenvolvemento rural, agrícolas e gandeiros. Tamén reclama unha resposta oficial sobre a situación dos fondos comunitarios que dependen das aportacións do Goberno galego.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar