A Xunta recorta o apoio á flota boniteira galega

A Xunta recorta o apoio á flota boniteira galega

A Xunta recorta o apoio á flota boniteira galega

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, denunciou o recorte dos medios da Xunta de apoio á flota boniteira galega. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas nas que advirte que a Xunta ten reducido o tempo e dotación do buque de apoio mentres o Goberno central dedicará un mínimo de 700.000 euros durante toda a campaña.

Soneira lamentou que o PP tente agochar o recorte de medios da Consellería do Mar no dispositivo de apoio con críticas e descualificacións ao Estado, nunha “demostración de ata ónde pode chegar a súa deslealdade institucional” para “endosarlle ao Estado as súas propias incapacidades irresponsables”.

Dixo que mentres o Goberno destina un patrulleiro operado pola Armada, un buque hospital e tódolos medios de salvamento mariño dende o 12 de xullo, a Xunta espera ata o mes de agosto para enviar un barco que nin sequera terá ATS. Sinalou que mentres o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño mantén a mesma presenza de campañas anteriores e recibe as críticas do PP a Xunta reduce os seus medios.

A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Consellería do Mar responda desta situación e da “manifesta deslealdade institucional” que practica “tentando manipular a realidade e enganar á opinión pública”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar