A Xunta recoñécelle aos socialistas que non fixo ningunha xestión para restablecer a base de salvamento marítimo de Cee

A Xunta recoñécelle aos socialistas que non fixo ningunha xestión para restablecer a base de salvamento marítimo de Cee

A Xunta recoñécelle aos socialistas que non fixo ningunha xestión para restablecer a base de salvamento marítimo de Cee

A Xunta do PP recoñeceu hoxe no Parlamento, a unha pregunta do deputado socialista Francisco Caamaño, que non fixo as xestións necesarias ante Sasemar para restablecer a base de Salvamento Marítimo de Cee, que da servizo á Costa da Morte.

“A Xunta debe esixir ao ministerio de Fomento que o helicóptero de Sasemar volva a funcionar desde Cee, xa o solicitamos en moitas ocasións e falamos dun asunto vital no caso dun accidente marítimo; é unha demanda de todos os alcaldes da zona, incluídos os do PP”, afirmou Caamaño.

A construción dunha base de Salvamento Marítimo en Cee foi unha demanda histórica dos traballadores do mar e da cidadanía. Concretouse por medio dun investimento do Ministerio de Fomento de máis de 14 millóns de euros, logo da renuncia da Xunta, co acceso ao poder do Goberno de Feijóo, a acometer esta infraestrutura a pesares de que xa estaba en proceso de licitación.

“Despois coñecimos que o helicóptero foi trasladado a Santiago e as explicacións que deron son contraditorias, porque se argumentan cuestións técnicas de carácter temporal e ao mesmo tempo tómanse medidas que afectan ao persoal alí destinado”, argumentou o deputado do PSdeG.

Na súa resposta, o representante da Xunta do PP afirmou que o helicóptero foi trasladado de Cee a Santiago porque a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) só permitía voos diurnos, sen concretar por que non demandaron ata o de agora ao Ministerio de Fomento unha solución para que a base de Cee retome a súa actividade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar