A Xunta recoñécelle aos socialistas no Parlamento que non pode facer nada polo naval de Ferrol

A Xunta recoñécelle aos socialistas no Parlamento que non pode facer nada polo naval de Ferrol

A Xunta recoñécelle aos socialistas no Parlamento que non pode facer nada polo naval de Ferrol

A Xunta do PP recoñeceu hoxe no Parlamento, a unha pregunta da deputada socialista Beatriz Sestayo, que non ten competencias para mellorar a situación do naval de Ferrol e trasladou toda a responsabilidade a Navantia e ao Goberno de Mariano Rajoy

Os socialistas presentaron unha iniciativa en Comisión, rexeitada polo grupo popular, para demandar que “se realicen xestións inmediatas para a construción do dique flotante e se poña enriba da mesa un plan industrial para o naval de Ferrol”.

Despois dunha acusación do deputado do PP Miguel Tellado, que cualificou de “torticeiros” aos socialistas por pedir solucións para o Ferrol cando non fixeron nada cando gobernaron, Sestayo manifestou que “pediremos entón a dimisión de Feijóo por prometer que sería o garante do dique flotante”. A deputada do PSdeG solicitou “unha rendición de contas respecto dos gastos de Navantia en consultorías externas”.

“E difícil comprender tanta insensibilidade da Xunta do PP e do grupo parlamentario que a sustenta; se collemos os datos da EPA do 2013, vemos que só nun ano Ferrol perdeu 5.900 empregos e 1.200 persoas emigraron, datos arrepiantes para unha cidade na que o sector naval leva expulsados máis de 4.000 despedimentos nos dous últimos anos”, dixo Sestayo.

A socialista lembrou que “das 110 empresas auxiliares que traballaban nos estaleiros hai dous anos quedan catro, o famoso flotel que ía crear 3.000 postos de traballo inminentes na campaña autonómica do 2012 aínda non está nos estaleiros e finalmente, cando veña, dará ocupación unicamente a uns 300 traballadores dun cadro de 2.300”.

A deputada socialista engadiu que “Feijóo anunciou remolcadores, quimiqueiros e gaseiros, pero ningunha desas promesas existe na actualidade, e na última campaña electoral chegou unha nova promesa inminente, a dos etéreos compromisos de buques tipo LHD que finalmente quedaron nun BAM que, cando chegue, ocupará a unha media de 250 dos seus traballadores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar