A Xunta ratifica a intención de Feijóo de reducir salarios e horas de traballo para "solucionar" o problema do paro

A Xunta ratifica a intención de Feijóo de reducir salarios e horas de traballo para "solucionar" o problema do paro

A Xunta ratifica a intención de Feijóo de reducir salarios e horas de traballo para "solucionar" o problema do paro

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, denunciou a intención do presidente da Xunta de loitar contra o paro reducindo horas de traballo e salarios. Caride presentou unha pregunta sobre as declaracións de Feijóo neste sentido, que a Xunta ratificou apuntando o recurso aos contratos parciais en Galicia.

Caride salientou que os traballadores galegos cobran actualmente un 14 por cento menos -326 euros- e traballan dúas horas máis ao mes que no resto do Estado e actualmente non é posible asumir un descenso salarial. Acusou á Xunta de “carecer de política de emprego” e advertiu que “vanlle dicir ás familias que quedaron con só un salario que teñen que traballar menos e cobrar menos”.

Dixo que “só ten dúas lecturas, que o presidente da Xunta non sabe o que di e non ten idea de políticas de emprego ou e a axenda oculta do PP implica menos traballo e menos salario como solución ao problema do paro”. Sinalou que este Feijóo é o mesmo que recoñeceu no seu día descoñecer que Galicia tiña transferidas as políticas activas de emprego ou que a formación de traballadores supuña só ter parados mellor formados

A responsable socialista evidenciou o “fracaso da política económica de Feijóo”, que conta con 56.900 parados mais dende a súa chegada á Xunta. Lembrou así as declaracións de Feijóo cando, estando na oposición, asegurou que solucionaría o desemprego en cuestión de días e díxolle a Touriño que o fracaso dunha política laboral medíase cos datos do INEM.

Advertiu que o presidente da Xunta “afirma reiteradamente que non sabe qué facer para solventar os problemas do emprego, mentres reduce en cada orzamento os recursos para políticas de emprego e amósase insensible aos problemas dos parados e paradas de Galicia”.

Previsións incumpridas

Caride apuntou que a Xunta incumpre tódalas súas previsións, xa que mentres dicía que non superaría o 15 por cento de desemprego “hoxe estamos no 16,6” e “non deixa de resultar sorprendente que anticipen unha taxa menor que a de hoxe para 2012. Dixo que “non hai un só dato económico que corrobore esta tese” especialmente cando Galicia foi a autonomía que mais traballadores afectados por EREs tivo no que vai de 2011.

Dixo que este ano en Galicia xa hai 17.043 traballadores sometidos a Expedientes de Regulación de Emprego, co que “non soamente somos as que temos un maior incremento, senón que xa superamos nun 29 por cento á suma de tódolos EREs do ano pasado.

Engadiu que as expectativas son igualmente negativas de acordo co informe da Xunta sobre o teito de gasto para 2011, que apunta a “clara vantaxe da economía española sobre a galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar