A Xunta quere trasladarlle o problema da prevención e a extinción de lumes aos concellos

A Xunta quere trasladarlle o problema da prevención e a extinción de lumes aos concellos

A Xunta quere trasladarlle o problema da prevención e a extinción de lumes aos concellos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou á Xunta de terlle “trasladado o problema da prevención e extinción dos incendios aos concellos”. Así o dixo na comparecencia da conselleira do Medio Rural no Pleno do Parlamento para presentar o Plan de Incendios –Pladiga- para este ano.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego establece este sistema para “botarlle a culpa –ao concello- no caso de que saia mal”, e puxo en dúbida que o goberno galego teña asinados 225 convenios con outros tantos concellos dun total de 275 e 1.700 brigadistas contratados.

Advertiu que “a dispersión de persoal nin é mais eficiente nin mais barata”, e lembrou a necesidade de que os brigadistas conten coa experiencia e a formación suficiente para enfrontarse a un incendio forestal. Dixo que “si non é mais eficiente nin mais barato non entendo por qué temos que seguir” con este modelo e reclamoulle á conselleira que “asuma as consecuencias” deste sistema.

García cuestionou o “modelo de gastar tantos millóns de euros nunha extinción pura e dura”, que fai que a realidade é que o resultado da campaña de lumes dependa da meteoroloxía. Advertiu que o Pladiga custa actualmente ata 90 millóns de euros cando a madeira “custaba 300”, malia que supón unha redución do persoal e medios de extinción previstos.

Reclamou que a política de extinción de incendios da Xunta proceda a “investir progresivamente mais en prevención e menos en extinción”, unha tarefa que no actual Pladiga queda apartada “dedicándolle 14 páxinas dun plan bastante voluminoso”.

Criticou ademais que a idea do goberno galego de implicar á cidadanía na prevención de lumes se limite a “convenios cos radioaficionados ou aos usuarios de todoterreo”, cando “resulta moito mais importante obter a colaboración dos gandeiros” polo uso que fan dos recursos forestais e a súa importancia para fixar poboación ao medio rural.

Demagoxia

O parlamentario socialista advertiu que os socialistas galegos “non farán demagoxia nin loita de cifras” porque, dixo, “nós non temos a foto, pero o seu presidente –Feijóo- ten a foto e ten a demagoxia cos incendios”. Aludiu así á foto de Feijóo apagando un lume cunha mangueira particular en 2006, e lembroulle á conselleira que “o PSdeG asumiría a responsabilidade” dun modelo centrado na prevención.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar