A Xunta quere facer pagar a tódolos galegos a súa irresponsabilidade co canon de Sogama

A Xunta quere facer pagar a tódolos galegos a súa irresponsabilidade co canon de Sogama

A Xunta quere facer pagar a tódolos galegos a súa irresponsabilidade co canon de Sogama

SogamaA portavoz de Xustiza e Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, advertiu hoxe que “o goberno galego é quen vai facer que tódolos galegos e galegas teñamos que pagar a súa irresponsabilidade” coa suba do canon de Sogama. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para derrogar a suba e devolver as contías cobradas de máis, que foi rexeitada polo PP.

A parlamentaria socialista criticou a postura “moi hipócrita” do PP ao acusar agora aos concellos socialistas de poñer en risco a Sogama. Vilán lembrou que son os xuíces os que están enviando ao Tribunal Constitucional o canon de Sogama logo das demandas presentadas pola propia Xunta contra os concellos, e que é o goberno galego o que se está retirando dos xuízos polas dúbidas de inconstitucionalidade da súa decisión.

Vilán sinala que os xulgados do Contencioso – Administrativo de Ourense e Lugo amosaron as dúbidas sobre a súa inconstitucionalidade por posible vulneración de ata oito artigos da Constitución, e tódolos xulgados de Lugo, onde hai medio cento de xuízos pendentes por esta cuestión, consideran que hai razoadas dúbidas de inconstitucionalidade.

Canon inconstitucional

Lembrou que o goberno galego impuxo a suba “inxusta, inxustificada, desproporcionada e semioculta” nas leis de Orzamentos de 2014 e 2015, ao que algúns concellos responderon negándose a pagar por advertir unha invasión de competencias, municipais e estatais, vulnerar a seguridade xurídica, a interdición da arbitriariedade na actuación administrativa e romper co sentido, contido e finalidade das leis orzamentarias.

A continuación, o goberno galego denunciou a estes concellos, unhas denuncias que provocaron que os xuíces trasladaran a suba do canon ao Tribunal Constitucional e que están a ser retiradas polo goberno galego ante “antes de poder perdelas e de recibir un varapau do alto tribunal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar