A Xunta quere facer desaparecer o rexistro público de vivenda en aluguer para persoas en emerxencia social

A Xunta quere facer desaparecer o rexistro público de vivenda en aluguer para persoas en emerxencia social

A Xunta quere facer desaparecer o rexistro público de vivenda en aluguer para persoas en emerxencia social

VivendaSánchez Bugallo lamenta o voto en contra do PP a unha iniciativa socialista para manter o Programa Aluga e a bolsa de vivendas en réxime de aluguer.

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, alertou hoxe que o goberno galego “quere facer desaparecer o rexistro público de vivenda controlado e ofertado pola Comunidade Autónoma”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara en Comisión unha iniciativa socialista para manter o Programa Aluga e a bolsa de vivendas en réxime de aluguer.

O responsable socialista alertou de que o goberno galego quere conceder un cheque de axuda que “en realidade é unha subvención indirecta aos propietarios que alugan as vivendas”. A través do Programa de Axuda á Vivenda, dixo, o goberno renuncia a unha bolsa de vivenda que mantiña os prezos de aluguer á baixa e controlaba a situación das familias con dificultades.

Anunciou que, de acordo coas informacións coñecidas dos orzamentos da Xunta para o ano 2015, o programa Aluga terá pasado dende un orzamento de 11 millóns de euros en 2011 a tan só un millón de euros en 2015. Considera “evidente que non estamos a ofrecer unha solución que teña nada que ver coa magnitude do problema, temos un mar de problemas e a Xunta ofrece gotas de auga”.

Lembrou que o programa Aluga, de acordo coa información do goberno galego, contaba cun fondo de 500 vivendas para realoxo de persoas desafiuzadas, ao que a Xunta está a renunciar por un modelo de “cheque” do que se beneficiarán os propietarios das vivendas.

Advertiu que nos últimos tres anos houbo en Galicia aproximadamente 6.000 familias desafiuzadas, o 5 por cento das 114.000 rexistradas en todo o Estado. Esta cifra, dixo, aumentaría ata o entorno das 9.000 familias galegas que tiveron que abandonar as súas vivendas sumándolles aquelas que se tiveron que acoller á dación en pago entre 2012 e 2014.

Convenio co Goberno

Sánchez Bugallo denunciou que a Xunta non teña feito público o texto do convenio asinado o pasado 5 de setembro no Pazo de Raxoi, xunto co Ministerio de fomento, para a aplicación das axudas previstas no Plan Nacional de Vivenda 2013-2016.

Criticou que o único coñecido daquela sinatura sexan notas de prensa e publicidade, “con nada mais detrás”, xa que “a día de hoxe os deputados autonómicos non tivemos a oportunidade de coñecer de ningunha maneira o texto do documento asinado entre os gobernos central e autonómico”.

Considerou este feito unha “falla de respecto ao Parlamento, unha vergonza que fala ben ás claras do grao de transparencia da Xunta e do papel que xoga este Parlamento” xa que, engadiu, “calquera país do mundo tería o documento colgado en internet o mesmo día, pero en Galicia é imposible conseguilo un mes despois”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar