A Xunta quere facer da lingua un defunto chamado "bilingüismo cordial"

A Xunta quere facer da lingua un defunto chamado "bilingüismo cordial"

A Xunta quere facer da lingua un defunto chamado "bilingüismo cordial"

O portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, acusou hoxe ao Goberno galego de “facer da lingua galega un defunto chamado bilingüismo cordial” presupoñendo equilibro entre as linguas cando a realidade é que “existe un desequilibro coa lingua galega”. Así o dixo na comparecencia en Comisión parlamentaria do secretario xeral de Política Lingüística sobre a aplicación do Decreto do plurilingüismo.

 

O responsable socialista amosou a súa “fonda decepción” diante da instrución emitida polo goberno galego para a aplicación do dito decreto malia a sentenza en contra do TSXG e ofreceu “diálogo e derrogación do decreto do plurilingüismo”. Criticou que o goberno galego “fronte a un xesto de boa vontade” por parte dos socialistas para retomar o consenso “reacciona coa aplicación unilateral, sesgada e interesada” do decreto.

 

Cualificou a dita instrución como a “versión interesada da Xunta sobre o cumprimento dunha sentenza” xudicial en contra, e que foi ademais presentada “con nocturnidade e alevosía”. Criticou que o Goberno diga que a instrución non ten opinións en contra cando foi presentada o 31 de xullo, cos centros pechados, e ademais só foi enviada ás direccións, “non aos pais, nin aos alumnos nin á sociedade civil”.

 

Caamaño lamentou que a Xunta dirixida por Feijóo “en lugar de estar orgullosos da nosa lingua e facer políticas de defensa deste patrimonio de tódolos galegos, españois e toda a humanidade, queren provocar o seu enterramento”. Lembrou que o TSXG indicou que a Xunta ten “a responsabilidade de potenciar as nosas lingua e a cultura e levalas ao máximo”.

 

Puntualizou que o alto tribunal desbotou a consulta vinculante aos pais sobre a lingua do ensino que establece o dito decreto, xa que se trata dunha responsabilidade do goberno e da que non pode claudicar, como intenta facer o goberno galego.

 

Conflito

 

Advertiu que a insistencia do goberno galego de manter a consulta aos pais, malia que non sexa vinculante, logo da sentenza do TSXG evidencia que tenta “fomentar o conflito”. Sinalou que o goberno galego “ten que tomar decisións e non provocar”, e considerou un “disparate” que o goberno galego estea “armando conflitos continuamente co decreto, o contrario do que recomendan as autoridades xudiciais”.

 

Caamaño amosou así a súa sorpresa pola decisión do goberno galego “cando había unha proposta para recuperar o espírito de consenso do ano 2004 e quitar o conflito coa lingua dos xulgados e das escolas. Considera que a decisión de Feijóo resulta “dramática” ao persistir en facer da lingua “un elemento de confrontación” en lugar de un elemento de cohesión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar