A Xunta provocou unha lexislatura perdida en materia enerxética pola súa submisión ao Goberno central

A Xunta provocou unha lexislatura perdida en materia enerxética pola súa submisión ao Goberno central

A Xunta provocou unha lexislatura perdida en materia enerxética pola súa submisión ao Goberno central

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo que a inacción da Xunta provoca unha “lexislatura perdida en materia enerxética”. O responsable socialista presentou unha Interpelación que será debatida no próximo Pleno para que a Xunta expoña a súa postura diante do Decreto de supresión de primas ás eólicas.

Méndez Romeu apuntou que “a única alternativa” viable para a economía galega é “a derrogación do Decreto” aprobado en xaneiro. Lamentou que o Goberno galego opte polo “silencio, submisión e servidume” diante do goberno central cando hai escasos meses o conselleiro de Industria anunciaba literalmente que “torpedearemos” a intención de reducir as primas e chegou a presentar un recurso infrutuoso contra o decreto do carbón.

O responsable socialista sinalou que a pasividade do goberno galego fronte a esta norma provocará que “nin haxa 1.000 millóns de euros de recadación en impostos, nin un investimento de 6.000 millóns de euros nin os 12.000 empregos” que anunciou o presidente da Xunta no anuncio do concurso eólico. A realidade é que 2011 rematou sendo o primeiro ano no que non se puxo en marcha un só megavatio en Galicia.

Explicou que as propias empresas sinalan que o plan resulta inviable porque carece de prazos para a súa execución, co que “non hai data para o desenvolvemento dos parques nin dos proxectos industriais relacionados ás propostas”. Lembrou que o propio conselleiro consideraba “inviables” a metade dos megavatios, como dixo en 2011, evidenciando a “trampa” para conceder a planta de xestión de residuos sen concurso.

Lamentou a “ausencia” do Goberno galego na xestación da norma, logo do cal só puido “improvisar dúas alternativas criticadas polo sector e rexeitadas polo Ministerio de Industria, que se nega a cambiar o seu decreto”. Lamentou que Feijóo non sexa quén de poñer en valor a capacidade de Galicia no sector das enerxías renovables para acadar unha excepcionalidade como a que si obtivo Canarias.

Desaparición do Naval

José Luis Méndez Romeu reclamou tamén á Xunta que negocie medidas sociolaborais non traumáticas para evitar a desaparición do sector naval e acade “compromisos firmes” para garantir carga de traballo inmediata para os estaleiros da Ría de Ferrol e desenvolver o Plan Industrial. Dixo que a causa da situación do sector é que dende 2008 non hai ningún novo contrato para a construción de buques.

Dixo que o “tax lease” non é o causante da situación do sector, polo que o Goberno galego “debe convocar aos accionistas, aos estaleiros e aos interlocutores sociais” para a posta en marcha dun Plan de Acción Naval e acordar así un novo modelo de xestión da industria.

Nunha Proposición non de Lei, reclamou a construción dun dique flotante e un centro de reparacións na Ría de Ferrol que garantan postos de traballo e melloren a competitividade dos estaleiros.

Reclamou tamén unha “política comercial activa” que acade carga de traballo para Navantia nos estaleiros de Ferrol. Tamén propuxo á Xunta que impulse un Fondo de Formación conxuntamente co Ministerio de Industria, con cargo ao Fondo Social Europeo, para garantir a competitividade destes estaleiros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar