A Xunta provocou o incremento dos abortos en Galicia nun 70 por cento ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva

A Xunta provocou o incremento dos abortos en Galicia nun 70 por cento ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva

A Xunta provocou o incremento dos abortos en Galicia nun 70 por cento ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva

Carmen Cajide reclama un informe sobre as medidas de educación sexual e acceso a métodos anticonceptivos

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, dixo que a Xunta ten provocado un incremento do 70 por cento dos abortos en Galicia entre 2008 e 2010 ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, advertiu que no mesmo período no resto do Estado o número de abortos baixaba un 2,4 por cento.

A responsable socialista sinalou que a posición do presidente da Xunta e do seu goberno “segue sendo a de frear a implementación” desta norma en Galicia, onde entre 2008 a 2010, coa chegada do PP á Xunta, pasouse de 1.981 abortos a 3.513. Sinala que “as políticas conservadoras deste goberno son un auténtico fracaso”, ao que “agora se lles suman os terribles ataques do actual goberno do Esstado cara aos dereitos das mulleres”.

Neste sentido, lembrou a actuación do ministro de Xustiza, quen “pasou de intentar facilitar a pílula postcoital a rapazas de 10 anos sen permiso dos seus pais como alcalde de Madrid a denunciar a existencia de violencia estrutural para abortar ou afirmar que a maternidade fai ás mulleres auténticamente mulleres dende o seu cargo actual de ministro”.

Sinalou que as socialistas atópanse “realmente moi preocupadas” pola posición do presidente do PP de Andalucía, Javier Arenas, quen ten afirmado que a muller “ten que volver ao fogar” e engadiu que “cando as feministas volvan estar comodamente nas súas casas coidando dos fillos nolo agradecerán” e mesmo anticipou unha modificación na Lei de Saúde Sexual para penar os abortos con cárcere.

A deputada socialista advertiu que o PP, lonxe de garantir o cumprimento da Lei, ten rexeitado reiteradamente no Parlamento de Galicia as iniciativas socialista para cumprir coa Lei, e anunciou a presentación dunha iniciativa para que a Xunta “elabore e presente no Parlamento un informe sobre as medidas de educación sexual e o acceso aos métodos anticonceptivos”.

Terrible risa

Cajide cualificou de “terrible” que “a resposta das mulleres do PP sexa rir diante dun debate tan delicado e importante coma este”, en alusión á actitude das deputadas deste Grupo presentes no debate de hoxe no Parlamento de Galicia, e apuntou que “logo de todo o camiño andado non podemos volver á Lei de 1985”.

A responsable socialista desmentiu que a autorización para que as mozas de 16 e 17 anos poidan acceder á interrupción do embarazo sen coñecemento dos pais e nais supuxera un incremento destes casos. Apuntou que “só un 10 por cento das menores acoden soas a abortar alegando conflito familiar grave” e un 90 por cento foron acompañados dos seus proxenitores.

Sinalou que a Lei de Saúde Reprodutiva e dereito á interrupción voluntaria do embarazo baséase en que cantos menos embarazos non desexados existan haberá menos abortos, facendo fincapé na educación sexual e o acceso aos métodos anticonceptivos e obriga a unha información clara e veraz sobre os servizos de apoio á muller.

Sinalou que a norma garante unha mellor cobertura legal e aposta por non criminalizar nin estigmatizar ás mulleres que se ven na obriga de pasar pola interrupción do embarazo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar