A Xunta provoca perdas de 10 millóns de euros na aplicación do greening para as axudas da PAC

A Xunta provoca perdas de 10 millóns de euros na aplicación do greening para as axudas da PAC

A Xunta provoca perdas de 10 millóns de euros na aplicación do greening para as axudas da PAC

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista acusou hoxe ao goberno galego de provocar perdas estimadas en 10 millóns de euros na aplicación en Galicia dos requisitos de “pago verde” ou greening para acceder ás novas axudas da PAC. O responsable socialista preguntoulle ao goberno galego por uns criterios que en Galicia provocaron perdas millonarias e que sen embargo non foron aplicados noutras comunidades autónomas.

O responsable socialista lembrou que este sistema, orientado á diversificación de cultivos e prácticas beneficiosas para o medio, obriga aos gandeiros con mais de 10 hectáreas a contar con dous cultivos e deixar parte do terreo a ermo. A particularidade, explicou, é que o goberno galego aplicou a normativa impedindo o cultivo durante dous meses no verán, precisamente no momento do cultivo de millo forraxeiro.

Este requisito impediu ás explotacións que solicitaran as axudas cultivar especies dirixidas á alimentación da súa cabana gandeira, con perdas estimadas en 10 millóns de euros polos estudos elaborados pola administración, que estiman a caída da produtividade nun 10 por cento das grandes explotacións. O goberno galego explicou que 9.292 explotacións solicitaron as axudas e 600 produtores mudaron os seus cultivos.

Esixiulle ao goberno galego que explique o porqué desta aplicación estrita das directivas comunitarias, cando o resto das comunidades autónomas do Estado realizaron unha interpretación diferente para beneficiar aos seus gandeiros non afectando a estes cultivos. Preguntoulle á Xunta “qué medidas xurídicas vai tomar” diante das outras autonomías que “segundo vostedes interpretaron mal a normativa comunitaria”.

Proxectos lácteos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista criticou que toda a estratexia do goberno galego para “mellorar o tecido industrial para a transformación de leite” e incrementar o valor engadido do produto “limítase a un só proxecto de Icos con Asturgal”. Lamentou que o goberno galego rexeitara clarificar ou cuantificar “outros posibles proxectos” amparándose na “petición de discreción” dos seus promotores.

Pablo García presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia para coñecer os resultados desta “cacareada teima” do presidente da Xunta e do seu goberno sobre unha suposta estratexia de “traballo activo a prol de crear unha industria no sector lácteo”.

Lamentou que “o único que se plasma detrás das frases rimbombantes sobre a aposta clara e contundente para cerar industria láctea” sexa apenas un proxecto indefinido e “o resto que descoñecemos e que teoricamente será feito público coa aprobación do novo Plan de Desenvolvemento Rural e as convocatorias de axudas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar