A Xunta provoca o colapso de Urxencias

A Xunta provoca o colapso de Urxencias

A Xunta provoca o colapso de Urxencias

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou á Xunta de provocar o colapso das urxencias polos seus recortes e a negativa a contratar aos profesionais sanitarios. Acuña presentou unha Interpelación á Conselleira de Sanidade na que apuntou que o peche de camas e plantas hospitalarias, así como as restricións na contratación, provoca a conxestión das urxencias.

A responsable socialista dixo que “as cousas están tan mal que a xente busca outras solucións, ou vai á privada, ou acaba en Urxencias ou morre”, e lembrou as advertencias dos profesionais sanitarios. Estes advertiron que os recortes “insensatos” provocan “a perda de calidade de vida, de vida útil, a multiplicación do sufrimento, aumenta a ansiedade e provoca a perda innecesarias de vidas”.

Acusou ao PP de “destrozar, vender e repartirse todo o público” mentres responsabilizan aos profesionais sanitarios. Advertiu que “cando avisamos do deterioro que provocarían os recortes en sanidade nos tacharon vostedes de alarmistas, e agora que chegan as mortes nos acusan de utilizalas con saña”.

Lembrou así o falecemento dunha muller no Hospital Clínico de Vigo mentres agardaba no servizo de urxencias “totalmente colapsado”. Acusou ao Feijóo de “botar a culpa aos profesionais” cando anunciou unha investigación sobre posibles erros na diagnose previa da muller, cando a realidade é que “a doente non estaba diagnosticada, pasara a triaxe e estaba agardando para ser atendida e diagnosticada”.

Puntualizou que “nos hospitais morren persoas tódolos días, pero non mentres esperan para ser atendidas nun caótico servizo de urxencias”, malia que dende o goberno galego o teñan cualificado de “desgraciado incidente”. A parlamentaria socialista preguntou “qué mais ten que pasar para que vostedes escoiten”.

Reclamoulle ao goberno galego que “non trate de silenciarnos acusándonos de sañas ou de alarmismos” xa que, advertiu, “imos seguir defendendo á sanidade pública” fronte aos ataques de Feijóo. Advertiu da perda de calidade do servizo logo dos ataques contra a Atención Primaria suprimindo os plans de mellora, reducindo a metade as dotacións dos centros de saúde rurais ou a súa desintegración aplicando a área integrada.

A parlamentaria socialista salientou que “agora xa nin informan sobre as probas complementarias que se solicitan dende atención primaria, non cobren nin as vacacións, nin as xubilacións nin as baixas” do persoal sanitario. Sinalou que “en Urxencias os profesionais se contratan por gardas e con turnos deslizantes que nin sequera lles vai cubrir o seguro”.

Lamentou a irresponsabilidade do goberno galego, que ten as listas de espera “absolutamente disparadas e coas axendas pechadas”, suprimindo as listas de espera devolvendo aos pacientes de atención especializada ao médico de cabeceira, mentres as urxencias rexistran “colapsos continuos”.

Auditoría

Carmen Acuña reclamou de novo a posta en marcha dunha auditoría que permita coñecer “a situación real dos servizos de urxencias” malia ter sido rexeitada polo PP no Parlamento de Galicia. Reclamoulle á conselleira de Sanidade que “resposte ás nosas inquedanzas con claridade, con transparencia e ademais coas cifras reais, se non imos pensar que agocha vostede algo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar