A Xunta provoca a tormenta perfecta de precariedade e asfixia das universidades

A Xunta provoca a tormenta perfecta de precariedade e asfixia das universidades

A Xunta provoca a tormenta perfecta de precariedade e asfixia das universidades

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou á Xunta de ter provocado a “tormenta perfecta” para deteriorar o servizo das universidades. Dixo que a precariedade e asfixia dos gobernos de Feijóo e Rajoy están provocando unha “pinza” que fai “insostible” a situación das universidades galegas.

 

Burgo advertiu que os “recortes ideolóxicos” dos que falan os reitores galegos e que son provocados polos gobernos no PP en Galicia e no Estado queren deteriorar a calidade do sistema universitario  para paralizar o sistema e abrir a porta á supresión de titulacións e a devaluación das universidades galegas”.

 

A parlamentaria socialista amosou a súa preocupación polos “pasos atrás” que claramente están a dar os gobernos do PP contra un “piar básico para a economía do país”, como son as universidades, impedindo ademais o seu papel como garante da igualdade de oportunidades da cidadanía. Dixo ademais que a Lei de Universidades confire rango de Lei aos recortes e á vulneración da autonomía universitaria.

 

Concepción Burgo amosou o seu apoio á comunidade universitaria fronte a este “ataque” perpetrado por Feijóo e Rajoy, que “tenta dominalas a través a asfixia económica”. Así, sinalou que as universidades galegas teñen perdido mais do 17 por cento do seu orzamento dende 2010, un 6,5 por cento só en 2013, co agravante de que boa parte se concentra no financiamento estrutural -nóminas e obrigas correntes de funcionamento-.

 

A responsable socialista denunciou ademais a drástica caída dos fondos destinados a proxectos de investigación, que diminuíron case un 80 por cento, mentres os orzamentos da Xunta con este fin non se chegan a executar.

 

Mentres as universidades teñen problemas mesmo para acadar folios, o persoal ten perdido xa o 30 por cento do seu poder adquisitivo, mesmo rebaixando nos “complementos de excelencia”, co que “prexudican aos que mais traballan”. Esta situación coincide co incremento da carga lectiva dos profesores, que en determinados casos teñen que impartir ata 6 ou incluso 7 materias especializadas por curso.

 

Bolsas e redución de titulacións

 

Concepción Burgo advertiu hoxe que a política de redución drástica das bolsas para estudantes “abre a porta para a supresión de titulacións e a devaluación das nosas universidades”. Explicou que coa eliminación de axudas ao estudo o número de estudantes diminuirá, e como este e o criterio practicamente único para o mantemento das titulacións o resultado será a eliminación destas.

 

Acusou aos gobernos de Rajoy e Feijóo de “volver a unha universidade clasista, recuperando os privilexios de clase do pasado”, deixando fóra do sistema de bolsas universitarias neste curso a 40.000 alumnos mais que no anterior, nunha tendencia que só pode empeorar.

 

Explicou que “aos recortes en financiamento únense inaceptables ataques á autonomía universitaria” a través dunha “intromisión inaceptable na política de xestión de prazas” por parte do goberno galego. Acusou ao goberno galego de vulnerar a autonomía universitaria ao pretender xestionar as prazas docentes a través da Consellería de Facenda.

 

Acoso administrativo

 

Burgo aludiu á circular enviada por este departamento no pasado mes de abril no que “solicita datos sobre a previsión de baixas por falecementos, enfermidades, maternidade ou accidentes”. Dixo que esta “necidade” supón en realidade unha mostra do “acoso administrativo” a través da “intervención directa e inadmisible na xestión de recursos humanos” por parte do goberno co obxectivo de “paralizar á Universidade”.

 

Acusou ao goberno galego de ter provocado a perda de mais de 700 postos de profesores entre 2011 e 2013 entre xubilacións, a non renovación de contratos e redución de proxectos de investigación, o que leva a “niveis inaceptables” ao sistema universitario galego.

 

Lembrou que o goberno tan só admite unha taxa de substitución do 10 por cento, si ben “nas universidades galegas non se convocou unha soa praza de funcionario nos últimos anos”, nin sequera para persoal laboral estable.

 

Este futuro “moi negro” provocado pola política da Xunta provocará que só na Universidade de Santiago xubilaranse en cinco anos mais de 300 profesores, que serán substituídos por tan só 30, provocando unha alarmante perda de competitividade nas universidades galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar