A Xunta protexe aos responsables do destrozo no petróglifo de Campo Lameiro

A Xunta protexe aos responsables do destrozo no petróglifo de Campo Lameiro

A Xunta protexe aos responsables do destrozo no petróglifo de Campo Lameiro

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, acusou hoxe á Xunta de protexer aos responsables dos danos a un petróglifo no parque rupestre de Campo Lameiro –Pontevedra-. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Cultura na que esixiu medidas sancionadoras para a empresa privada que está a xestionar o parque.

Caamaño criticou o “desleixo” do goberno galego na defensa do patrimonio megalítico galego, e sinalou que “para iso están as leis, e non para protexer ás empresas coas que a Xunta, sen que saibamos por qué, quere ter unha particular consideración”. Reclamou a actuación do goberno galego diante duns danos ocasionados porque “alguén incumpriu o protocolo” de actuación nunha zona protexida.

Lamentou que a Xunta confíe a previsión dos danos a este patrimonio na “sorte” de que este acade unha maior ou menor intensidade, e puntualizou que “non é unha cuestión de tamaño”, logo de ironizar co feito de que o goberno recoñecera que “incumpriron o protocolo... pero pouco”. Lembrou que o dano ao patrimonio histórico non é cuantificable e amosou imaxes do estado no que se atopa o parque rupestre.

Censurou as “políticas evasivas da avestruz, agochando a cabeza debaixo da terra” adoptadas polo goberno galego logo de recibir a denuncia de que “os xestores privados dun dos maiores parques rupestres de Galicia destruíran un petróglifo por utilizar maquinaria e instrumentos inadecuados de limpeza sen adoptarse as máis elementais medidas de protección”.

A Xunta negou a gravidade dos feitos e mesmo chegou a intentar desmentir “o que as imaxes evidencian”, como é o precario estado do petróglifo, que amosa as marcas das cadeas utilizadas pola maquinaria pesada que pasou por enriba del.

Esta é a consecuencia, ademais, da “drástica e inexplicable redución das partidas dedicadas á protección e conservación do patrimonio cultural”, mentres o goberno galego destina os escasos recursos a apoiar investimentos en bens que maioritariamente pertencen á igrexa católica.

Caamaño dixo que “o que segundo Feijóo ía ser a Altamira galega é hoxe unha paraxe de camiños intransitables, cunha dirección xeral de Patrimonio que non coñece nin as manifestacións de arte presentes na zona e xestionada por unha empresa irresponsable. Non é Altamira, é un parque abandonado”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar