A Xunta prioriza a institucionalización de menores fronte ás familias de acollemento extenso ou alleo.

A Xunta prioriza a institucionalización de menores fronte ás familias de acollemento extenso ou alleo.

A Xunta prioriza a institucionalización de menores fronte ás familias de acollemento extenso ou alleo.

Carmen Gallego sinala que o custe polo acollemento familiar ascende a 240 euros fronte aos entre 1.300 e 1.800 que supón a “institucionalización” dos menores en centros residenciais

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de primar a institucións como Cruz Vermella ou Aldeas Infantís e priorizar o ingreso de menores en centros residenciais mentres marxina ás familias de acollida. Así o dixo no debate dunha pregunta na Comisión de Política Social na que criticou que a Xunta priorice a “institucionalización” de menores en detrimento do acollemento familiar.

Gallego explicou que o acollemento de menores en familia extensa corresponde ao 45 por cento do total dos diferentes tipos de acollemento, cando “consideramos que estes nenos deben estar en ambientes familiares, estables”. Sinalou que a estadía dos menores nos centros de acollida “debera de ser do menor tempo posible, rexeitamos que a institucionalización sexa unha solución”, en contra da política do goberno galego.

A deputada socialista sinalou que mentres a Xunta financia ás institucións acolledoras e prioriza aos centros residenciais, as listas de espera para o acollemento dos nenos en familias rolda os cinco e seis anos.

Alertou de que as familias de acollemento atopan moitas dificultades por cuestións meramente administrativas, e sinalou os casos de beneficiarios de pensión non contributiva ou a Renda de Integración Social –Risga- que teñen que renunciar á axuda dos 240 euros por acollemento para non perder a prestación.

Advertiu ademais que “as contías percibida por menor acollido dende o ano 2008 mantéñense conxeladas”, e mesmo dende o ano 2010 as familias que perciben máis de seiscentos euros non teñen tampouco dereito á prestación da axuda.

Maior custe

Gallego dixo que a Administración Pública ten que asumir un custe de 1.300 a 1.800 euros ao mes por cada menor nestas institucións mentres hai familias, tanto extensas como alleas, que continúan esperando polo acollemento dos menores e que suporían un custe de 240 euros por menor. Explicou que o custe para a Administración é oito veces superior ao dunha familia, “sendo ademais estas consecuencias para o neno desastrosas”.

A directora xeral recoñeceu a conxelación das axudas ás familias en 240 euros dende 2008 e que existe unha circular dende o ano 2010 que aconsella non outorgarlle as axudas por menor a familias con renda superior a 600 euros ao mes.

Servizos Sociais

Gallego reclamou priorizar o concerto social co terceiro sector por enriba da privatización da xestión de servizos sociais. Así o dixo no debate en Comisión da reforma da Lei de Servizos Sociais de Galicia, que quedou pendente da votación final en Pleno coa abstención dos socialistas galegos.

Gallego reivindicou a lexislación do denominado como concerto social, que é regulado agora por unha Lei do PP logo de rexeitar unha iniciativa semellante presentada polos socialistas galegos. Sinalou que comunidades autónomas con distintas cores políticas como Asturias, Aragón, Murcia ou Baleares están a incorporar a modalidade do Concerto Social para favorecer a presenza das entidades do terceiro sector.

Estas poderán acceder a contratos públicos coa administración para xestionar servizos sociais relacionados coas persoas en risco de vulnerabilidade para “cortarlle o paso ás entidades privadas de carácter mercantil que se estaban a facer co groso destes contratos”. Sinalou que esta iniciativa deriva da directiva comunitaria que “obriga a poñer a todas as entidades en pé de igualdade” e que aínda non foi trasposta polo Estado.

Puntualizou que “os servizos deben ser prestados dende as administracións públicas e xestionados polas administracións públicas” e “só nos casos nos que non teñamos infraestruturas e prazas públicas para cubrir as demandas será necesario concertar os servizos”.

Abstención

Os socialistas galegos manterán a súa abstención a este texto ata o debate final en Pleno á espera de que o PP admita a emenda que considera que os prezos públicos destes contratos incorporen o IVE, “estean ou non as entidades prestadoras dos servizos exentas” de aplicar esta taxa. A situación actual prexudicaba ás entidades sen ánimo de lucro en favor das privadas, e reclamou unha competencia “en pé de igualdade”.

Gallego reivindicou tamén a emenda reclamada pola Asociación Galega contra o Maltrato a Menores e incorporada polo Grupo Socialista para garantir unha cualificación e promoción específica nos profesionais que desempreguen o tratamento de menores nos casos de maltrato, violencia de xénero ou delictos sexuais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar