A Xunta, principal responsable da fuxida de investimentos de Punta Langosteira

A Xunta, principal responsable da fuxida de investimentos de Punta Langosteira

A Xunta, principal responsable da fuxida de investimentos de Punta Langosteira

O deputado socialista José Luis Méndez Romeu responsabilizou hoxe ao desleixo do goberno galego da falla absoluta de investimentos en Punta Langosteira. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Economía do Parlamento na que sinalou que o Porto Exterior que segundo Feijóo ía substituír a Rotterdam quedou “en nada”.

O responsable socialista criticou a actitude de Feijóo e a inacción dos presidentes dos portos galegos, que actúan como “delegados políticos” a maior gloria do papel publicitario publicidade do goberno. Supuxeron que o investimento de 270 millóns de euros da empresa china Beijing “estea sobreseído”, así como os 57 millóns de euros que ía investir Pemex para mobilizar 2,5 toneladas métricas de cru e que supuxo finalmente un investimento de “cero euros”.

Méndez Romeu advertiu que “polo medio” das conversas entre Industria e Pemex “aparecen expertos en hidrocarburos como o conseguidor intermediario”, en alusión ao amigo de Feijóo, Pachi Lucas, supostamente implicado na trama de desvío de fondos de formación da Xunta e presunto financiamento ilegal do PP investigada na Operación Zeta.

O responsable socialista advertiu que “todo este embrollo serve para poñer de manifesto que onde había anuncios non hai investimentos, e que a responsabilidade da autoridade portuaria do goberno de Galicia ten contribuído á campaña de intoxicación informativa e propaganda electoral que non se corresponde coa realidade”.

Viaxes oficiais

Méndez Romeu sinalou que esta situación resulta sintomática do balance “moi cativo” das viaxes oficiais do presidente da Xunta a terceiros países como, citou, Panamá, Arxentina ou Colombia, para que Galicia tan só teña captado o 0,5 por cento do investimento privado do exterior de todo o Estado en 2014, un total “irrelevante” de 50 millóns de euros, cando en 2013 obtivera o 1,3 por cento do total do Estado.

O responsable socialista sinalou que Galicia obtivo en 2014 o segundo peor dato de todo o Estado en canto á balanza comercial, pasando de 1.560 millóns de euros negativos en 2012 a 3.200 –tamén negativos- en 2013 e perder un total de 4.640 millóns de euros en 2014.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar