A Xunta prima á economía "sobre os dereitos das persoas"

A Xunta prima á economía "sobre os dereitos das persoas"

A Xunta prima á economía "sobre os dereitos das persoas"

atención a la dependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de “desmantelar o Estado do Benestar”, seguindo a estratexia de Rajoy, ao “primar á economía sobre os dereitos das persoas”. Así o dixo no debate dunha interpelación sobre a supresión das competencias en materia de servizos sociais dos concellos de menos de 20.000 habitantes por parte da Xunta.

Carmen Gallego alertou dunha “nova estratexia de propaganda” do PP, logo da súa drástica perda de gobernos locais nas pasadas eleccións, para “intentar culpar á maioría das agrupacións do que lles suceda no futuro”. Denunciou que, logo de quitarlles as competencias en materia de servizos sociais, agora pretendan acusalos das eivas que lles vai provocar o estrangulamento dos orzamentos do Goberno autonómico.

Dixo que “queren obrigar aos concellos a facer un traballo para o que lles sacaron primeiro as competencias”, provocando o “galimatías” de que teñan “menos prestacións sociais, menos persoas para atendelos, e mais pagamentos polos mesmos servizos”. A esta situación contribúen co “regaliño envelenado que lles deixaron” cambiando o Consorcio de Servizos Sociais pola Axencia Galega de Servizos Sociais, concebida pra “cobrar mais por ofrecer menos servizos”.

Ao final, advertiu, “as persoas usuarias son as que van pagar, as mesmas que cada día ven cómo lles cobran mais e lles prestan menos servizos”. Criticou que a Xunta, tendo un territorio cunha elevada dispersión poboacional, tan só financia o 14 por cento do gasto en servizos sociais das entidades locais, a metade do 28 por cento que financian os gobernos autonómicos por termo medio.

Confusión lexislativa

Carmen Gallego acusou ao goberno galego de “intentar confundir á opinión pública” para agochar os seus ataques á autonomía municipal. Estes comezaron cunha Lei de Inclusión Social que converte aos pequenos concellos en “receptores de solicitudes e avaliadores de pobreza” co único cometido de “facer informes para ver si as persoas está en risco de pobreza e exclusión”.

A continuación, a Lei de Racionalización da Administración Local retíralle as competencias en materia de servizos sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Resumiu que esta norma “impide que un Concello pequeno poida construír ou poñer en marcha unha escola infantil, centro de día, residencia, oficina de inmigración ou de inclusión a menos que demostre rendibilidade económica”.

Dixo que “demostrouse que nin clarifica competencias, nin evita duplicidades, nin simplifica a estrutura das administracións locais nin resolve os problemas de financiamento dos concellos”. Unha lei que recollía un impacto económico do traspaso das competencias de sanidade, ensino e servizos sociais, substraídas aos concellos, estimado en 300 millóns de euros para o ano 2015 só en Galicia.

Finalmente, a Lei de Medidas Urxentes coa que a Xunta intentou dar a imaxe de que quería paliar o impacto da reforma da administración local resultou “un fiasco”. A realidade é que os concellos non poden contratar persoal para prestar servizos sociais porque ningún interventor ou secretario dos concellos pode autorizar unha decisión en contra da Lei estatal.

Nova axenda social

Carmen Gallego censurou a hipocresía do PP e do goberno galego, que anuncian agora unha “nova axenda social” logo de ter evitado manter “nin unha soa xuntanza cos concellos” ou desmantelar os equipos de inclusión social.

Criticou que este mesmo goberno é o que retrasa os trámites da Risga ata 10 meses e provoca que só perciban as axudas o 30 por cento das persoas sen ingresos, ou que “veñen presumir de paralizar desafiuzamentos cando tan só se ocuparon de 43 do total de 8.000 que se teñen producido en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar