A Xunta pon en perigo 400 millóns de fondo Feder

A Xunta pon en perigo 400 millóns de fondo Feder

A Xunta pon en perigo 400 millóns de fondo Feder

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Asuntos Europeos, Noela Blanco, cualificou hoxe de “intolerable, inasumible e vergoñento” que a baixa execución de fondos comunitarios por parte do goberno de Feijóo poña en perigo máis de 400 millóns de euros de axudas para Galicia.

Blanco aludiu hoxe aos datos de execución orzamentaria do Programa Operativo Feder 2007-2013, publicados polo Ministerio de Facenda o pasado luns e que evidencian que, cando falla pouco máis de un mes para que remate o programa, Galicia é a segunda Comunidade Autónoma que menos fondos ten executado, só por enriba de Castela e León.

A deputada socialista explicou que o programa, xestionado por Xunta e o Goberno central, conta con 2.191,5 millóns en termos de axuda comunitaria, dos cales a Xunta ten concedidos como beneficiario principal 1.200,4.

Os reembolsos realizados á Xunta logo de executar e certificar os proxectos acadan tan só o 63,2 por cento das axudas, 15 puntos menos que a media estatal do 78,43 por cento, co que quedan por executar máis de 400 millóns que poderían perderse ao remate do programa.

A deputada socialista denuncia a “lentitude, desidia e opacidade” do goberno de Feijóo nos seis anos de goberno nos que fixo sobrada demostración dunha “escandalosa incapacidade” de cumprir cos investimentos comprometidos. A Xunta fixo caso omiso das advertencias do Consello de Contas fronte á transferencia de fondos para exercicios posteriores e á súa intención manifesta de reasignar as partidas.

Ademais do Consello de Contas, dixo, a propia Comisión de Seguimento dos Feder ten alertado á Comisión Europea da baixa execución financeira dos proxectos dirixidos a Galicia e o seu baixo nivel de execución. Una “mala imaxe” de Galicia como receptora de axudas fomentada por Feijoó e que “pode chegar a castigarnos ante a inminente perda de fondos e poñer en risco a concesión de partidas no futuro”.

Acusou ao goberno de Feijóo de utilizar os fondos europeos “co único obxectivo de facer publirreportaxes que acaban converténdose en publicidade enganosa pola vergoñenta utilización dos recursos solicitados á Unión Europea”. Estes proxectos, advertiu, nunca son executados e que “soamente existen no imaxinario dos membros do goberno galego a pesares das súas promesas a outras administracións ou á cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar