A Xunta pon "ao raposo a coidar as galiñas" ao atribuír ao mesmo conselleiro as decisións de obras públicas e a avalación do seu impacto ambiental

A Xunta pon "ao raposo a coidar as galiñas" ao atribuír ao mesmo conselleiro as decisións de obras públicas e a avalación do seu impacto ambiental

A Xunta pon "ao raposo a coidar as galiñas" ao atribuír ao mesmo conselleiro as decisións de obras públicas e a avalación do seu impacto ambiental

A parlamentaria socialista, Carmen Gallego, ven de preguntar ao Goberno pola traslación de competencias en materia de Conservación da Natureza desde a Consellería de Medio Rural á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

A deputada pretendía coñecer as razóns políticas que verdadeiramente se agochan tras os tres cambios que se teñen producido sobre a ubicación das políticas ambientais no Executivo de Núñez Feijóo.

O programa do PP recollía o compromiso de crear a consellería Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Urbanismo, á hora da verdade denominouse de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao mesmo tempo que se adscribe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza á Consellería de Medio Rural, dividindo por primeira vez na nosa comunidade as competencias en Medio Ambiente.

Coa nova remodelación “forzada por Feijóo para xogar os últimos minutos do partido”, dixo Gallego, a Conservación da Natureza volve á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, producíndose a contradición do seu titular, Agustín Hernández, “que, tan satisfeito como estaba co anterior modelo, saúda efusivamente a nova estrutura orgánica”. Pregúntase a deputada socialista si se debe a un “recoñecemento do erro que supuxo a diseminación en 2009 das políticas relacionadas co medio ambiente, que provocaba innumerables problemas”.

Pero a principal preocupación dos socialistas galegos radica na estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas desde 2009. Porque, como denuncia Gallego Calvar, “pon ao raposo ao coidado das galiñas”. Explica a parlamentaria socialista que, desde a creación do Goberno de Núñez Feijóo se situaban as competencias de avaliación de impacto ambiental e de avaliación ambiental estratéxica nas mans do mesmo conselleiro no que reside a capacidade de obra pública.

Dito noutros termos, se pon na mesma consellería o órgano ambiental e o órgano promotor, cando iso non sucede en case ningunha do resto de CC.AA. nin tan sequera no estado, onde si comparten as políticas ambientais coas relacionadas coa agricultura e o mar.

Rexeita Carmen Gallego os argumentos xustificando nunha presunta austeridade esta estrutura, non se sostén, porque “fan vostedes a operación estética de reducir consellerías, pero manteñen todos os chiringuitos e toda a administración paralela”, dixo ao director xeral de Conservación da Natureza, García Borregón.

Gallego Calvar salientou tamén as diferenzas de modelo e de concepto dos socialistas e os populares. Así, explicou que “nós creemos que Conservación da Natureza debe estar na Consellería de Medio Ambiente, onde debeu estar sempre, pero o que consideramos que non é normal é que nesa consellería estea o órgano promotor, o que fai a obra na comunidade autónoma, xunto co órgano ambiental”.

A política ambiental “ten que ser necesariamente transversal”, apunta a deputada socialista, polo que “non pode estar subordinada ás políticas de obra pública”, como sucede na Xunta de Feijóo, aínda que o Medio Ambiente estea por diante do das Infraestruturas no nome da consellería “por ese efecto estético que vostedes sempre pretenden conseguir”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar