A Xunta "pinta orzamentos ficticios" en materia de vivenda protexida "para enganar aos cidadáns"

A Xunta "pinta orzamentos ficticios" en materia de vivenda protexida "para enganar aos cidadáns"

A Xunta "pinta orzamentos ficticios" en materia de vivenda protexida "para enganar aos cidadáns"

BugalloO portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, denunciou hoxe que a Xunta “pinta” uns “orzamentos ficticios” en materia de vivenda pública para “enganar aos cidadáns”. O escaso nivel de execución nestas partidas demostran que “ou teñen unha incapacidade superlativa ou non teñen ningunha intención de executar unha política de vivenda pública”.

Sánchez Bugallo tomou os datos de liquidación orzamentaria ofrecidos pola Consellería de Facenda para corroborar o escaso interese de Feijóo e da Xunta na vivenda pública. Así, mentres en 2008 e 2009 a execución de fomento da rehabilitación e calidade da vivenda acadaba o 82,53 e o 74,99 por cento, a partir da chegada de Feijóo esta caeu ata roldar o 10, 13 e 12 por cento entre 2010 e 2012.

A situación agrávase especialmente nos anos 2013, cando tan só executou o 1,31 por cento, 288.000 euros dun total de 21 millóns orzamentados, e en 2014, cando tan só foron executados 1,6 millóns, o 7,39 por cento dos 21,9 millóns previstos nas contas públicas.

Mesmo no último ano coñecido, en 2014, observando a liquidación por semestre xurde o dato de que a liquidación ata o 30 de xuño foi de 1,576 millóns, e a partir de aí tan só foron executados outros 57.000 euros, ata acadar os 1,623 millóns executados en todo o ano. Este dato supón, dixo, que a nova conselleira responsable de Obras Públicas “non fixo nada” neste aspecto dende a súa toma de posesión.

Vivenda protexida

Sánchez Bugallo presentará unha interpelación no Pleno que comeza a próxima semana na que lle esixirá ao goberno galego un balance dos resultados desta política de vivenda, centrada no impulso da vivenda de libre construción e o abandono absoluto da vivenda protexida.

Aludiu así aos datos do período xaneiro – setembro de 2014, Galicia tan só realizou 42 vivendas protexidas, unicamente o 0,35 por cento do total de 11.965 realizadas no conxunto do Estado.

Sen embargo, no mesmo período foron cualificadas un total de 2.020 vivendas libres, o 7,73 por cento do total de 26.131 do total de 26.131 en todo o conxunto do Estado, o que supón que o goberno galego realizou porcentualmente “20 veces menos vivenda protexida que libre en relación ao total de España”.

Criticou que a Xunta “nin constrúe vivenda protexida, nin mobiliza as existentes nin se executan os recursos que pintan nos orzamentos para a rehabilitación de vivenda”, o que demostra que as contas públicas están destinadas a “disimular o seu nulo interese ou intención de levar a efecto” calquera tipo de política de promoción de vivenda pública.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar