A Xunta permite que se consume a estafa aos preferentistas sen ofrecerlles solucións

A Xunta permite que se consume a estafa aos preferentistas sen ofrecerlles solucións

A Xunta permite que se consume a estafa aos preferentistas sen ofrecerlles solucións

A viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Carmen Gallego, denunciou a estafa á que están sometidos, “día tras día”, os afectados polas preferentes e subordinadas de NGB, ante a finalización hoxe ás 14:00 do prazo para acollerse ao mecanismo de liquidez que ofrece o Fondo de Garantía de Depósitos. Gallego quixo deixar claro o seu “rexeitamento absoluto” a este proceso debido a que “se os afectados non aceptan a liquidez ofrecida, se lles obliga a ser accionistas dun banco sen futuro definido”.

A socialista quixo reiterar o seu apoio aos damnificados defendendo a “absolutamente necesaria continuidade da vía de arbitraxe”, á que a Xunta se opuxo na Comisión de Investigación do pasado 4 de xullo, xa que son máis de 37.000 afectados minoristas os que quedaron fóra do proceso tras verse atrapados neste fraude.

O PSdeG evidenciou a actuación do goberno galego como “de unha absoluta hipocresía coas víctimas desta estafa”, xa que “namentres os cargos politicos do PP, din querer a continuidade da arbitraxe, o goberno de España , propietario de NGB a través do FROB, nega a posibilidade de continuar o proceso por boca dos actuais directivos do banco.”

Carmen Gallego declarou, acerca das pasadas comparecencias na Comisión de Investigación das Caixas, que “quedou en evidencia que a arbitraxe se xestionou baixo claros criterios electoralistas e de rendabilidade política, con opacidade e inxustiza”. Ratificou isto debido a que, tal e como afirma, “as persoas que a día de hoxe están fóra da arbitraxe son tan merecedores ou máis de haberse sometido a este proceso como os que tiveron a “sorte” de acudir a él.”

Os socialistas denuncian o silencio da Xunta de Galicia tras a petición, na pasada sesión, de que se editara a través do Instituto Galego de Consumo, un documento dirixido a todas as víctimas da estafa “garantíndolles que poderán seguir reclamando os seus aforros aínda que se sometan á quita.” Sen embargo, aínda que no PP “parecían proclives a este pronunciamento”, nin o partido, nin a representante da Xunta como Directora Xeral de Comercio, acadaron o compromiso de emitir este documento aclaratorio “ás miles de persoas que hoxe teñen a incerteza de saber se poderán algún día recuperar a totalidade dos seus aforros atrapados na estafa das preferentes e subordinadas.”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar