A Xunta paga unha oficina de 160 metros para un só traballador no edificio do Hotel Sheraton de Sao Paulo

A Xunta paga unha oficina de 160 metros para un só traballador no edificio do Hotel Sheraton de Sao Paulo

A Xunta paga unha oficina de 160 metros para un só traballador no edificio do Hotel Sheraton de Sao Paulo

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu ven de presentar unha proposición non de Lei na Cámara autonómica sobre a oficina de 160 metros cadrados que a Xunta mantén, a través do Igape, no edificio de luxo do Hotel Sheraton de Sao Paulo para un só traballador.

O parlamentario socialista denuncia a negativa reiterada do Goberno galego a dar conta destas contratacións que evidencian “transparencia inexistente, falsa austeridade e descontrol na xestión”. Sinala que o inmoble corresponde ao convenio de 18 millóns de euros entre o Goberno galego e a CEG, a través do Igape, para a xestión da rede Pexga –Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia-.

Méndez Romeu denuncia que “mentres Feijóo predica austeridade, a Confederación de Empresarios de Galicia recibe 18 millóns de euros, sen publicidade e sen control, para oficinas suntuarias, que funcionan de costas á lexislación daquel país”. Advirte ademais que “os traballadores contratados para esa oficina foron rapidamente despedidos, uns por carecer de visado e outros por non estar rexistrados”.

Engade que este caso súmase á “acumulación de escándalos no Igape, que os seus directivos semellan non poder controlar”. A través desta proposición non de Lei reclama, por este motivo, que a Xunta cumpra coa moción aprobada por unanimidade na Cámara autonómica en febreiro e que lle reclama á Xunta que dea conta sobre o convenio asinado coa CEG.

Ademais, esta proposta reclama “os resultados das investigacións internas do Igape no caso de condutas irregulares ou conflitos de intereses” e os correspondentes expedientes disciplinarios abertos. Nesta iniciativa tamén reclamaba os contratos e axudas concedidos polo Igape a diversas empresas como Laboratorios Nupel –investigada por irregularidades na Operación Campeón-.

Tamén reclamaba información sobre os convenios con Procesoil, Valorización de Residuos Gallegos, Galimed Trata, Vector Digital, S.L., ABH Consultoría, Albromat Servicios Integrales e a Fundación Porto de Vigo. Tamén reclamaba información, en tres meses, sobre a eficiencia das axudas inferiores a 3.000 euros concedidas polo Igape.

O parlamentario socialista sinala ademais que esta moción “aínda non foi cumplimentada, nin foi ofrecida a información demandada sobre determinadas actuacións dese organismo que están hoxe reflectidas en diferentes sumarios xudiciais, entre outras, as axudas concedidas por directivos ás súas propias empresas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar