A Xunta oculta unha redución do 7,1 por cento nos investimentos de Sanidade

A Xunta oculta unha redución do 7,1 por cento nos investimentos de Sanidade

A Xunta oculta unha redución do 7,1 por cento nos investimentos de Sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao goberno galego de anunciar unha suposta suba nos orzamentos de Sanidade cando a realidade é que reducen nun 7,1 por cento o capítulo de investimentos. Así o dixo na comparecencia do conselleiro na Comisión de Orzamentos do Parlamento para dar conta das contas para 2017.

O responsable socialista criticou a “fuga de investimentos” lastrados polo pago de 200 millóns de euros a concertos coa empresa privada e os 84 millóns de euros destinados a pagar o canon os equipamentos do Hospital de Vigo -60 e 24 millóns de euros, segundo confirmou hoxe o conselleiro-. Este lastre, dixo, provoca que os orzamentos destinados á sanidade pública por parte da Xunta, lonxe do incremento anunciando, “baixan en termos reais”.

Torrado sinalou que os orzamentos do goberno galego supoñen “unha repetición” das contas presentadas o ano pasado, e que “son conservadores incluso para un equipo conservador”, mais preocupado pola sustentabilidade e a eficiencia que pola calidade asistencial. Criticou un orzamento que reflicte unha organización estrutural “discutible”, a súa “cegueira” en materia de persoal, e un nivel asistencial “incompleto e desordenado”.

Así, censurou os “desaxustes” provocados polas estruturas de Xestión Integrada, as incongruencias nas partidas para infraestruturas, que reflicten irregularidades nos plans directores, co de A Coruña aínda non finalizado e coa “chapuza” dun novo plan para corrixir o anterior plan do Arquitecto Marcide. Mentres, os centros de saúde xa comprometidos no ano pasado volven ser anunciados pero “en peores condicións”.

O parlamentario socialista sinalou que os gastos en persoal previstos para o próximo ano son “semellantes ao 2016”, co que puxo en dúbida que vaian realizar novas convocatorias de prazas. Neste sentido, lembroulle a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da UE contra a política de contratación da Xunta por dedicar traballadores parciais a facer tarefas estruturais.

Calidade asistencial

Julio Torrado criticou que a Xunta renuncie a dedicar os orzamentos do Sergas a mellorar a calidade asistencial, mantendo os principais déficits que veñen padecendo dende a chegada de Feijóo ao goberno galego, coa caída do nivel da sanidade pública provocado polos recortes drásticos e a privatización imparable de servizos, e lastrados por unha “deficiente organización” da atención primaria.

Sinalou así a “compracencia” coas listas de espera, as graves deficiencias rexistradas tanto en atención como en cirurxía pediátrica, e con servizos que lle son negados á cidadanía de forma “inexplicable”, como o caso do servizo de hemodinámica 24 horas para Lugo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar