A Xunta obstaculiza a investigación xudicial do Caso Maceiras

A Xunta obstaculiza a investigación xudicial do Caso Maceiras

A Xunta obstaculiza a investigación xudicial do Caso Maceiras

Monte GalegoA deputada socialista Marisol Soneira vén de acusar ao goberno galego de obstaculizar as investigacións pola fraude nas axudas europeas para reforestación de terras agrarias na Costa da Morte, no que están implicadas entidades financeiras e os propios técnicos do goberno galego.

Soneira preguntoulle ao goberno galego polas dúas providencias emitidas polo xuíz que instrúe o caso da denominada “Operación Forest” nas que constata a “escasa colaboración da Xunta na resolución desta investigación”. A deputada socialista pregúntalle ao goberno galego “qué ten que agochar” para entorpecer a investigación e impedir a súa conclusión.

O tamén coñecido como Caso Maceiras xurdiu a raíz das denuncias presentadas en 2011 por diversos particulares que viron cómo as súas identidades eran suplantadas e as sinaturas falsificadas para presentalos como beneficiarios de axudas millonarias certificadas polos técnicos do Goberno galego e ingresadas en contas bancarias falsas ao seu nome.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar