A Xunta obstaculiza a aplicación da Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación de LGTBI

A Xunta obstaculiza a aplicación da Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación de LGTBI

A Xunta obstaculiza a aplicación da Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación de LGTBI

Bandeira LGTBA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de obstaculizar a aplicación da Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais, aprobada polo Parlamento a comezos de 2014. A responsable socialista levará unha proposición non de Lei ao Pleno desta semana para reclamar o desenvolvemento regulamentario da norma.

Gallego lembroulle ao goberno galego que “ademais de aprobalas, as leis deben ser executadas”, e acusounos de “agocharse detrás dun medido desinterese para obviar o seu desenvolvemento”. Instou ao PP e ao goberno galego a desmentir que o seu apoio para aprobar a norma “en realidade agochara a súa intención real de convertela en papel mollado e incumprir de facto esta Lei”.

A deputada socialista advertiu da persistencia de discriminación nos procesos de adopción e acollemento, non recoñecemento dos dereitos sanitarios e acoso escolar, que son respondidos co “desinterese da administración no cumprimento do xa lexislado”. Esta actitude revélase “sobre todo cando se realizan campañas de divulgación e publicidade institucional absolutamente estereotipadas nas chamadas familias tradicionais”.

Ao longo deste ano de vixencia da Lei sen desenvolver nin aplicar, moitas personas LGTBI sufriron acoso e discriminación que, de haber posto en marcha algúns dos mecanismos establecidos na mesma podían haber tido unha inmediata resposta da administración.

E o caso dos nenos e nenas transexuais de Galicia, cuxos pais e nais acaban de constituír unha Asociación que merece o noso apoio na súa loita pola visibilización e normalización, e que de aplicarse a Lei podería garantir que os nenos e nenas poidan facer ese tránsito social a idade temperá sen sufrir innecesariamente, dotandonos tanto no eido educativo cómo sanitario dos protocolos de actuación que xa están funcionando noutras CCAA, como Andalucía.

Os socialistas galegos reclaman un compromiso do goberno galego co desenvolvemento da norma e co diálogo e participación coas persoas e organizacións LGTBI de Galicia, ademais de cos concellos e outras administracións públicas, para aplicar a Lei.

Ademais, consideran urxente acordar con este colectivo, así como coas familias e as comunidades educativa e sanitaria, os protocolos necesario para divulgar as diferentes realidades afectivo – sexuais e de xénero e os distintos modelos familiares. O obxecto é garantir o pleno gozo dos dereitos das persoas LGTBI e o libre desenvolvemento da súa personalidade no eido familiar e entre as Anpas.

Reclama tamén garantir a atención terapéutica e sanitaria das prácticas e terapias relacionadas coa transexualidade e intersexualidade en todo o ámbito sanitario público, así como a formación continua e obrigatoria de todo o persoal sanitario en materia de diversidade afectivo sexual. Insta a promover campañas e cursos de formación sobre os aspectos e necesidades específicas das persoas LGTBI no ámbito sanitario.

Carmen Gallego solicita finalmente incluír a realidade LGTBI nos contidos transversais da formación de todo o alumnado de Galicia e establecer actividades de formación para o persoal docente e incorporar a realidade LGTBI aos plans de estudo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar