A Xunta non ten decidido o destino final dos centros das fundacións comarcais tres anos despois de anunciar a súa disolución

A Xunta non ten decidido o destino final dos centros das fundacións comarcais tres anos despois de anunciar a súa disolución

A Xunta non ten decidido o destino final dos centros das fundacións comarcais tres anos despois de anunciar a súa disolución

Lage Tuñas acusa ao Goberno de “ter centros comarcais espallados polo país sen definir as súas funcións e os seus obxectivos” e recorda que “o proceso de comarcalización foi un fracaso”

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage denuncia a “dobre moral” da Xunta ao pedir renuncias e impor recortes aos cidadáns mentres “levan tres anos mantendo uns centros comarcais sen sentido e baleiros de contido”

O Portavoz da área institucioal do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas denunciou no parlamento de Galicia a “parálise do goberno” e “a falla de decisións sobre qué facer cos centros comarcais dependentes da Sociedade Desenvolvemento Comarcal, (SODECO)”.

O responsable socialista denunciou hoxe a “dobre moral” da Xunta, que leva tres anos pedindo renuncias e impoñendo recortes aos galegos e galegas mentres “manteñen unha infraestrutura de centros comarcais inservible e absolutamente baleira de contido”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria na que lembrou que “o conselleiro Rueda propuxo cinco veces a súa supresión pero non as eliminou a primeira”.

Lage Tuñas criticou que o goberno galego “estalles pedindo aos empregados públicos renuncias, fan recortes que deterioran a calidade dos servizos públicos pero o goberno galego leva tres anos incapaz de decidir qué utilidade darlle aos centros comarcais. Seguen despilfarrando recursos públicos”.

Criticou que a Xunta manteña estes centros “espallados polo territorio logo de telos pagado ou estar pagando, sen definir as funcións do persoal e sen definir os obxectivos”. Asegurou que dende a Xunta “son capaces de negarlle profesorado ás escolas ou de recortarlle persoal aos centros hospitalarios pero son incapaces de acabar co esperpento que supuxeron as fundacións comarcais e os chiringuitos comarcais”.

Sinalou que o goberno galego “acaba de recoñecer que non sabe qué facer cos centros comarcais” e que dende que se aprobou, fai máis de tres anos, poñer en marcha a supresión da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal e das Fundacións Comarcais “foron incapaces de proceder á súa liquidación plena”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar