A Xunta non respecta a Constitución na modificación da concesión da Autovía da Costa da Morte

A Xunta non respecta a Constitución na modificación da concesión da Autovía da Costa da Morte

A Xunta non respecta a Constitución na modificación da concesión da Autovía da Costa da Morte

autoestrada_AP53O informe solicitado polos socialistas galegos aos servizos xurídicos do Parlamento sobre a modificación do concurso da autovía da Costa da Morte evidencia que este proceso non é conforme á Constitución Española. Así o explicou o portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, quen sinalou que o informe propón un texto alternativo “coas finalidades exclusivas de respectar a interpretación conforme á Constitución española”.

González Santín explicou que a interpretación dos servizos xurídicos respalda á dos socialistas galegos cando apunta que a disposición adicional quinta da Lei de acompañamento “non é autoaplicativa, toda vez que o expediente administrativo derivado da inexecución das obras deberá ser tramitado polo correspondente órgano de contratación da Xunta, segundo o procedemento establecido na lexislación básica do Estado en materia de contratación do sector público”.

O responsable socialista apunta que os servizos xurídicos confirman o que o Grupo Socialista sinalou de que a Xunta aproveita para modificar cunha nova Lei o réxime contractual da autovía da Costa da Morte, incumprindo a Lei de Contratos, que ademais é unha transposición dunha directiva da UE.

Explicou que mentres a norma obriga a convocar un novo concurso para este tipo de modificacións, a Xunta utiliza unha Lei para beneficiar á concesionaria, Copasa, impedindo ao resto das empresas recorrer nos tribunais ordinarios.

Así o apunta tamén o informe do Parlamento, que propón como texto alternativo que “para tal efecto, a Axencia Galega de Infraestruturas iniciará o expediente administrativo oportuno, ao abeiro do establecido na lexislación aplicable en materia de contratación administrativa do sector público”. Por iso instou ao goberno galego a que atenda á legalidade e aplique a Lei de Contratos.

González Santín explicou que a infraestrutura, licitada orixinalmente polo goberno socialista por 540 millóns de euros para a construción de 60 quilómetros, logo de ser paralizada e convocada de novo por Feijóo, rematará nunha autovía de 27 quilómetros –un 55 por cento menos- cun custe de 617 millóns de euros –un 14,25 por cento mais-, para beneficiar á empresa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar