A Xunta non remitiu aos centros educativos "un só euro durante todo o curso" para implantar a FP Básica

A Xunta non remitiu aos centros educativos "un só euro durante todo o curso" para implantar a FP Básica

A Xunta non remitiu aos centros educativos "un só euro durante todo o curso" para implantar a FP Básica

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, acusou hoxe ao goberno galego de forzar a posta en marcha da nova FP Básica de forma “precipitada, caótica e trapalleira”. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, sinalou que o cambio do PCPI pola nova modalidade foi imposta sen garantir a continuidade das axudas europeas e sen destinar fondos propios.

Dez meses despois, e logo de ter rematado o curso escolar, os centros públicos non recibiron un só euro para implantar unha nova modalidade educativa, co que a Consellería, ironizou Docasar, “cambiou a máxima de facer mais con menos pola mais simpática de facer mais con nada”.

Explicou que a Xunta fixo “tarde, mal e arrastro” a muda dos Programas de Cualificación Profesional Inicial, dos que se beneficiaban 4.000 alumnos en 300 centros, pola FP Básica cambiando os grupos de entre 10 e 12 alumnos por grupos de 20, sen ter enviado un só euro aos centros educativos, sen facer as obras de adaptación necesarias e sen dotalos cos necesarios equipamentos didácticos.

En definitiva, resumiu, “unha auténtica insensatez co único obxectivo de conseguir maquillar a medio prazo as estatísticas de fracaso escolar”. A implantación resultou caótica dende o comezo, con información enviada a destempo e provocando “premura e improvisación” que converteu a implantación nun “auténtico despropósito”.

O Portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, rematou a súa intervención solicitándolle ao Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que tiña que pedir publicamente desculpas ao profesorado e aos equipos directivos dos centros que implantaron esta nova modalidade de ensino por telos metido a présa e correndo neste berenxenal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar