A Xunta non quere investigar as irregularidades da concesionaria da Fábrica de Armas

A Xunta non quere investigar as irregularidades da concesionaria da Fábrica de Armas

A Xunta non quere investigar as irregularidades da concesionaria da Fábrica de Armas

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou que a Xunta “non quere investigar” as irregularidades que está a cometer a concesionaria da Fábrica de Armas de A Coruña. O deputado socialista presentou unha pregunta no Pleno de hoxe sobre os “turbios compromisos” do PP con Hércules de Armamentos e unha suposta “especulación urbanística” cos terreos.

O responsable socialista advertiu que o goberno galego foi alertado no seu momento tanto pola anterior concesionaria como polos sindicatos e o Grupo Socialista –con 22 iniciativas nesta lexislatura- sobre os serios problemas de viabilidade da empresa. Lembra que Hércules de Armamento asumiu a concesión en 2014 logo de ser creada ad hoc, e sen ofrecer capital social nin garantías.

Menos de dous anos máis tarde, sinala, evidénciase que “a que dixeron que ía ser o corazón do I+D de Galicia nunca pasou dun chiringuito”. Sinalou que a pesares de estar obrigada a dedicar a metade da súa produción a armas “non ten ningunha produción, non paga as cotas da Seguridade Social, adebeda 500.000 euros, non paga salarios, non paga a provedores nin o canon da concesión”.

Acusou aos gobernos galego e central de “tolerar os contratos irregulares e as constantes fraudes” da empresa, que ten situado aos seus traballadores “nunhas condicións peores das que provocaron o nacemento do movemento obreiro”. Preguntoulle ao goberno galego si “esa é a súa política de relacións laborais: logo de arruinar os salarios, os servizos públicos e a protección social agora propoñen traballar sen salario”.

Sinalou que “perseverar no erro non leva a ningures”, para apuntillar que “equivocáronse na concesión” a pesares de estar advertidos polos traballadores porque “interesáballes a adxudicación” a unha empresa que é insolvente.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar