A Xunta non quere facer o PAC e o Centro de Saúde no antigo Materno - Infantil de Lugo

A Xunta non quere facer o PAC e o Centro de Saúde no antigo Materno - Infantil de Lugo

A Xunta non quere facer o PAC e o Centro de Saúde no antigo Materno – Infantil de Lugo

Concepción Burgo 020215A deputada socialista Concepción Burgo, denunciou hoxe que o goberno galego “non quere facer o PAC e o Centro de Saúde” no inmoble do antigo Materno – Infantil de Lugo, no Barrio da Residencia. Burgo presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade do Parlamento celebrada hoxe na que esixiulle a Feijóo “a honestidade de admitir que mentiu e non quere facer” as novas dotacións. A deputada socialista apuntou que “un goberno que se di democrático, eficiente e honesto polo menos ten que afrontar as súas promesas e enfrontarse aos veciños e veciñas”, que levan agardando por este compromiso dende 2010. Lembrou que o propio candidato do PP á alcaldía puxo a guinda nas pasadas eleccións municipais, nas que anunciou o traslado da Comisaría de Policía Nacional ao inmoble. Burgo acusou ao xerente do Sergas, Antonio Fernández – Campa, de “pensar que somos parvos” ao xustificar a súa inacción con “lugares comúns” apelando ao volume de edificabilidade, só relevante “se teñen pensado tirar un edificio e construír outro”, á catalogación, cando “fixeron un Centro de Saúde Mental nun edificio catalogado como administrativo”, que tampouco precisou da “retrocesión do inmoble” que alegou hoxe o alto cargo. A responsable socialista lembrou que o goberno galego está a agochar o informe sobre o estado do inmoble, loo de que a propia directora xeral de Recursos Económicos se comprometera a envialo. Salientou a importancia destas instalacións sanitarias para un barrio que aglutina ao 15 por cento da poboación do concello que quedou desatendida logo

do traslado ás novas instalacións do Hula. Lembrou que a demanda está a ser demandada por amplos sectores da sociedade luguesa, que se están a concentrar cada xoves diante do antigo Xeral, e que contan ademais co apoio do Concello e da propia Federación de Veciños.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar