A Xunta non presentou ningunha sanción contra bancos polas cláusulas chan

A Xunta non presentou ningunha sanción contra bancos polas cláusulas chan

A Xunta non presentou ningunha sanción contra bancos polas cláusulas chan

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, esixiulle hoxe ao goberno galego que cumpra cos acordos que vén aprobando o Parlamento dende 2014 en contra das cláusulas chan. Así o dixo logo de que o Instituto Galego de Consumo confirmara, en resposta a unha pregunta socialista en Comisión, que a día de hoxe non sancionou a ningún banco por estas prácticas.

González Santín lembra que, a pesares de que as cláusulas que fixan un tipo de interese mínimo nos préstamos hipotecarios foron declaradas ilegais polo Tribunal Supremo en maio de 2013, as entidades financeiras as continúan aplicando impunemente. Lembrou que a Cámara autonómica aprobou ademais iniciativas consecutivas dende outubro de 2014 para que a Xunta exerza as súas competencias, que non foron escoitadas.

O parlamentario socialista explicou que o Instituto Galego de Consumo pode impoñer sancións de entre 3.000 e 15.000 euros, e engadiu que “podería entender que foran prudentes e non sancionaran a lo loco, pero si que a lo mellor –ironizou- estaría ben facer algunha sanción seguindo o mandato do Parlamento”.

Reclamou unha acción decidida a favor dos consumidores “ademais de actualizar a súa web”, como ten feito recentemente a instancias do Grupo Socialista, xa que os bancos continúan a seguir “formas de actuar que non son as correctas”.

Advertiu que as asociacións de usuarios de bancos e caixas sinalan que moitas entidades continúan utilizando estas cláusulas pero agora obrigando a asinar unha declaración aos usuarios, ofrecendo unha supresión temporal, a súa eliminación “a cambio de aumentar os diferenciais, obrigando a contratar diversos produtos bancarios” ou mesmo cambiando as hipotecas de tipo variable a fixo.

Información

O deputado socialista presentou hoxe ademais unha pregunta na Comisión de Economía para reclamarlle ao Instituto Galego de Consumo que informe ás persoas que queiran asinar créditos hipotecarios dos riscos reais dunha hipotética suba de tipos de interese. Advertiu que a partir de agora “só poden subir” os tipos, e moitos dos clientes descoñecen as repercusións que teñen nas súas cotas un pequeno incremento.

Hoxe, dixo, resulta máis barato hipotecarse e comprar un piso a 25 anos cun interese do 2,5 por cento que alugalo, unha circunstancia que pode mudar a curto ou medio prazo cun máis que probable novo incremento dos tipos, unha circunstancia da que “calquera persoa sen cultura financeira non é consciente”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar