A Xunta non mantivo ningunha reunión co PSdeG para acadar consenso sobre a reforma da PCP

A Xunta non mantivo ningunha reunión co PSdeG para acadar consenso sobre a reforma da PCP

A Xunta non mantivo ningunha reunión co PSdeG para acadar consenso sobre a reforma da PCP

A portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Marisol Soneira, nega rotundamente que “a Xunta de Galicia tivera ningún tipo de reunión con este grupo político para tratar de acadar unha posición de consenso sobre a reforma da Política Común de Pesca (PCP)”.

E sorprendente, asegurou Soneira, que “a Xunta de Galicia se atribúa consensos ficticios e diálogos inexistentes, a lo menos cos socialistas, ate o día de hoxe”. Ao contrario, dixo a parlamentaria, tódolos intentos do Grupo Socialista por abrir este debate foron ignorados pola Consellería do Mar de forma sistemática.

O Grupo Parlamentario Socialista debaterá, na Comisión 8ª do Parlamento, o próximo xoves sobre este asunto “e veremos entón a vontade do Goberno de Feijoo para acadar posicións comúns e consensuadas”. “Ata o día de hoxe, salvo a falsidade publicada onte, nada se soubo da posición do Goberno galego sobre un asunto que marcará o futuro a medio, e longo prazo da pesca galega”, aseverou Soneira.

Soneira dixo que “a súa capacidade de asombro sobre o que acontece na Consellería do Mar está xa superada por canto son capaces de inventarse consensos que non existen de igual maneira que un día constrúen unha goleta, e outro día pasean unha batea pola Mariña de Lugo”.

A portavoz socialista amosou, non obstante, a disposición dos socialistas de Galicia a acadar unha posición común de tódolos estamentos da pesca, da administración e do Parlamento para defender os intereses galegos no debate da PCP.

“Para que iso sexa posible sería necesario que a Xunta de Galicia, en lugar de anunciar reunións e consensos inexistentes, que se tomase a política pesqueira en serio e traballase un chisquiño para que os anuncios irreais e falsos tivesen algunha base en que sosterse”, concluíu a socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar