A Xunta non fai "nada" en política medioambiental

A Xunta non fai "nada" en política medioambiental

A Xunta non fai “nada” en política medioambiental

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao goberno galego de facer “nada” en materia de política medioambiental. Así o dixo no debate da interpelación presentada polo Grupo Socialista na que censurou a “absoluta irresponsabilidade e insolidariedade” do Goberno galego.

A deputada socialista lamentou a falla de discurso na Consellería de Medio Ambiente, que “xa viu a un conselleiro e dúas conselleiras en só catro anos, pasando de formar parte da “macroconsellería” de Agustín Hernández aos “cachos” que lle quedaron a Beatriz Mato. Sinalou a redución dun 17 por cento nos orzamentos para medio ambiente dende 2009, cunha caída de 176 millóns, deixando ademais sen executar o 50 por cento.

Vilán recomendoulle á conselleira que “en lugar de presumir de viaxar ao cumio do cambio climático, sería moito máis produtivo que viaxara á Ría do Burgo e metera un pé no lodo” para ver as consecuencias da súa política medioambiental, coas rías galegas totalmente contaminadas.

Cualificou de “iresponsabilidade” que anuncie 15 millóns para o saneamento da Ría de Pontevedra que serán pagados por Ence, logo de ampliarlle a concesión 60 anos máis, sumados a fondos comunitarios, co que o goberno galego destinará “cero euros” á depuración da ría, un esforzo análogo ao “seu desinterese polo medio ambiente”.

Criticou ademais que

A deputada socialista fixo un repaso polas principais áreas na xestión do medio ambiente, como é o cambio climático, ao que a Xunta non dedica “ningún interese”, logo de rexeitar as propostas da oposición para elaborar un Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático. Sinalou que Galicia mantén unhas emisións de gases contaminantes que en 2011 estaba 18 puntos por enriba do seu límite”.

A deputada socialista alertou da escasa atención á biodiversidade para un goberno que a día de hoxe non foi quén de artellar un Plan de Xestión do Lobo ou a recuperación do oso, e a Rede Natura non sumou un só metro cadrado novo dende a chegada de Feijóo. Advertiu do fracaso na política de prevención e extinción de incendios, un dos principais responsables da desertización, que dependen exclusivamente do clima.

O resumo da política medioambiental en materia de biodiversidade, dixo, está na mina de Corcoesto, “hoxe nos tribunais”, así como a protección do litoral, dos acuíferos e do medio mariño resúmense na concesión da prórroga a Ence por 60 anos. A dita prórroga, engadiu, ven acompañada do “insulto” que supón encargarlle á pasteira a construción da depuradora de Os Praceres.

Sinalou que o goberno galego continúa sen actualizar o Plan de Residuos, un documento e unha política “obsoletos” que volven perder 10 millóns de euros nos últimos orzamentos, mentres a Xunta permítese criticar aos concellos que decidiron non pagar o canon de Sogama que está pendente de ser analizado no Tribunal Constitucional.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar