A Xunta non fai "absolutamente nada" para rematar coa discriminación do arrastre galego

A Xunta non fai "absolutamente nada" para rematar coa discriminación do arrastre galego

A Xunta non fai "absolutamente nada" para rematar coa discriminación do arrastre galego

Pesca_Flota_BarcosO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou hoxe á Xunta de non facer “absolutamente nada” para equiparar as condicións de pesca da flota de arrastre galega coa portuguesa. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para reclamar un “marco igualatorio” para as flotas de arrastre de litoral da Península, que foi rexeitada polo PP.

Val lembrou que actualmente a flota galega está suxeita á prohibición de faenar nas fins de semana, un impedimento que non afecta aos 20 barcos portugueses que traballan fronte as nosas costas e que poden chegar aos mercados moito antes. Criticou neste sentido o desleixo do goberno galego para cumprir coa proposta aprobada hai nove meses para reverter esta situación por solicitude do sector.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de permitir que o goberno central utilice a flota galega como “moeda de cambio” para beneficiar a outras flotas estatais. A situación provoca que os armadores galegos compren barcos portugueses de 30 ou 40 anos mais competitivos que as naves galegas de menos de 10 anos para enrolar tripulación galega que non estea suxeita a estas restricións.

Sihnalou que “o que mais apremia agora é competir en igualdade de condicións” para unha flota que tivo que descolgarse dos acordos de limitación da pesca e mellora da xestión dos recursos para non verse prexudicados fronte á flota portuguesa.

Os socialistas galegos reclamáronlle á Xunta que responda do acordo aprobado no Parlamento hai nove meses e “reclame do Goberno do Estado a consecución dun marco igualatorio para as flotas de arrastre de litoral española e portuguesa no referido á inclusión da prohibición de pesca con artes de arrastre as fins de semana, para os buques de arrastre que faenan en virtude deste convenio nas augas xurisdiccionais españolas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar