A Xunta "non dixo unha palabra" tras o escándalo Wolksvagen, que afectará "de maneira relevante" ao sector das auxiliares galegas

A Xunta "non dixo unha palabra" tras o escándalo Wolksvagen, que afectará "de maneira relevante" ao sector das auxiliares galegas

A Xunta "non dixo unha palabra" tras o escándalo Wolksvagen, que afectará "de maneira relevante" ao sector das auxiliares galegas

O portavoz de Industria do grupo socialista, Abel Losada, apuntou esta mañá na Cámara á “necesidade de respostar a un escenario de crise como o dieselgate” de Wolksvagen por parte da Xunta, despois de que o grupo automobilístico anunciase un recorte de case 4.000 millóns de euros só neste ano para os investimentos previstos a nivel mundial, o que “vai afectar de maneira relevante” ao sector das empresas auxiliares galegas. Mentres, dixo, “nin Feijóo, nin o conselleiro Conde nin o director do Igape teñen dito unha soa palabra desde que estalou o escándalo”. Losada lembrou que o grupo Wolksvagen “é o terceiro cliente” deste tecido económico na comunidade e que os fabricantes din que se xogan 1.100 millóns de euros de cifra de negocio se Wolksvagen leva adiante o recorte.

“A Xunta non moveu nin unha soa ficha”, reprochou o socialista, que esixiu que o goberno galego “se pare a pensar e deseñar un plan en colaboración cos axentes económicos para minimizar o impacto desta crise que se aveciña”, máis aló do que fai “o departamento PP de publicidade e propaganda”. Losada afirmou que “a axilidade das administracións á hora de responder a desafíos económicos imprevistos e o que marca os niveis de gobernanza e a súa eficacia”.

Losada lembrou que o tecido das auxiliares significa “miles de empregos” e hai “alarma para 20 provedores galegos”, que son “empresas por riba dos 500 traballadores”, de moita importancia en relación co tecido industrial galego. Ante a negativa do PP a apoiar esta iniciativa, o socialista, que dixo precisar “un decodificador” para entender a postura dos populares, instou ao PP “a contarlle esta historia aos traballadoes da automoción” da comarca de Vigo. “Non sei se isto é un absurdo ou un esperpento”, afirmou, antes reprochar a “información cero” da Xunta sobre os apoios á automoción nas dúas últimas lexislaturas.

Na liña de non estar atentos ás oportunidades da industria, Losada puxo tamén o exemplo do pasado luns, no que unha filial de Deutschebank fixo pública a súa intención de buscar dous portos no atlántico e no mediterráneo para exportar automóviles, co porto de Vigo como un dos posibles puntos. “Onte tomou posesión o novo presidente do porto de Vigo acompañado de Feijóo e Ana Pastor, e o único que fixeron foi oposición política ao alcalde de Vigo e defender os intereses do PP, pero nin unha palabra para aproveitar esta oportunidade económica”, censurou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar