A Xunta non apoiou unha patente galega para mellorar a seguridade do mar

A Xunta non apoiou unha patente galega para mellorar a seguridade do mar

A Xunta non apoiou unha patente galega para mellorar a seguridade do mar

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, reprochou a manifesta falta de interese do Goberno de Núñez Feijóo por unha patente galega, relativa ao sector da seguridade no mar, e que ademais crearía un nicho de emprego no sector naval galego, que padece unha crítica situación. Trátase dun sistema patentado pola empresa Kafloat que reduce riscos de perda de vidas e mantén a flote os buques, reducindo o custo de utilización dos medios de Salvamento Marítimo.

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista recriminou á Xunta que, desde que chegou Feijóo ao Goberno, non tivera feito nada a respecto da implantación deste sistema, semellante aos airbags dos automóviles, que ten demostrado a súa eficacia en barcos con medidas inferiores aos 30 metros.

Méndez Romeu reprochou ao Secretario de Innovación da Xunta, Ricardo Capilla, que, tratándose dunha patente que afecta a dous sectores “un que necesita seguridade”, como o do mar, e outro que precisa de iniciativas que xeren emprego, como o naval, todo o que se ten feito “foi durante o goberno anterior, mentres que o actual goberno, desde 2009 se mantivo paralisado” .

O deputado socialista afeou as referencias á regulación do mercado e a que a Xunta non pode funcionar de axente comercial, feitas polo responsable de Innovación do Executivo galego. Méndez Romeu apelou á oportunidade de combinar “a necesidade obxectiva de mellorar a seguranza a bordo e un producto que coincide con un momento de crise estrutural no sector naval, que representa o 5% do PIB galego”.

O que esperaba o parlamentario socialista era unha maior capacidade para poñer en valor os resultados da innovación coas necesidades da industria e actuar nese sentido. Sobre todo cando o volumen de financiamento que recibe o sector naval con cargo aos poderes públicos é dificilmente parangonable con outros sectores, por razóns estratéxicas.

Considera o voceiro de Industria do Grupo Socialista que, como lamentablemente sucede, as medidas de seguranza requiren “medidas expeditivas” por parte da Admininstración e suxeríu a implantación por lei deste sistema, “como ocorreu no seu día cos airbags dos automóbiles”.

UNHA PATENTE GALEGA QUE PERMITIRÍA MELLORA AS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE DA TRIPULACIÓN, A CARGA E O PROPIO BARCO

Unha empresa galega deseñou e patentou no ano 1997 un sistema de seguridade de barcos, baseado no uso de flotadores que complementan a flotabilidade e incrementan a estabilidade, evitando o afondamento do buque. O sistema consiste en globos que se inchan automáticamente cando os sensores de control detectan unha vía de auga. Cada flotador despraza unha tonelada e media de auga. O buque pode resistir así ata 24 horas.

Dese xeito, a tripulación pode continuar a bordo ata a chegada dos equipos de rescate, evitando o risco de perdas humanas. Ademais o sistema evita a perda da carga, minimizando os custos económicos e medioambientais dos naufraxios. Doutra banda, o buque permanece a flote polo que pode trasladarse a porto, polos seus propios medios ou remolcado.

O sistema está patentado en 24 países de varios continentes, entre 2001 e 2008 foron realizadas probas en laboratorio e no mar, demostrando a súa viabilidade. No ano 2007 a Dirección Xeral da Mariña Mercante aprobou a súa instalación en barcos de ata 30 metros de eslora. Un ano despois, no ano 2008, a Xunta de Galicia instalouno no buque patrulleiro “Serra do Courel”, recoñecéndose a utilidade e iniciándose un proceso de estudo da súa aplicación xeral.

O custo de implantación necesita axuda económica da Xunta, para complementar as axudas dos Fondos Europeos de Pesca, que rondan o 60%, e as achegas dos propios armadores.

NOVO NICHO DE EMPREGO E APOIO Á INNOVACIÓN GALEGA

A xeneralización do sistema tería beneficios adicionais na industria naval (enxeñería, estaleiros, auxiliares). Trátase dunha tecnoloxía innovadora que pode ter un mercado internacional moi importante. Doutra banda, o sistema que reduce riscos de perda de vidas e mantén a flote os buques, reduciría o custo de utilización dos medios de Salvamento Marítimo.

A patente é dunha empresa galega que leva feito un importante investimento en I+D. Dende o ano 2009 nada se coñece da posición da Xunta. Non parece sentir interese polo incremento da seguranza nin polo desenvolvemento tecnolóxico. Unha solución especialmente axeitada para a flota artesanal permanece sen desenvolvemento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar