A Xunta négase a depurar responsabilidades polas irregularidades nas oposicións ao Corpo Superior

A Xunta négase a depurar responsabilidades polas irregularidades nas oposicións ao Corpo Superior

A Xunta négase a depurar responsabilidades polas irregularidades nas oposicións ao Corpo Superior

A responsable da Área de Función Pública do Grupo Socialista, Noela Blanco, esixiulle hoxe á Xunta que asuma as responsabilidades políticas pertinentes logo das sentenzas xudiciais que constatan as irregularidades nas oposicións ao corpo superior celebradas en 2010. Blanco presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que cuestionou os procesos selectivos do goberno galego.

Blanco aludiu ás dúas denuncias presentadas polas irregularidades detectadas nas oposicións ao Corpo Superior da Administración da Xunta celebradas en 2010, que o Tribunal Supremo constatou falla de control, obxectividade e indefensión das persoas que denunciaron, en contra da sentenza previa do Tribunal Supremo que lle daba a razón á Xunta.

A sentenza pon o acento na falla de control e descoñecemento dos criterios do tribunal para avaliar as probas, xa que non puideron presentar “unhas mínimas xustificacións ou razoamentos que permitan coñecer os motivos que levaron aos membros do tribunal para dar as notas do exame”.

A deputada socialista sinala que o goberno galego está a demostrar unha “alarmante arbitrariedade” e vai contra os principios de publicidade e libre concorrencia. Criticou que a Xunta aluda a “casos illados” cando, puntualizou, “basta que exista un só opositor indefenso diante dun recurso e que vulneren os principios de mérito e capacidade para que este Grupo Parlamentario amose a máxima preocupación”.

Liberdade sindical

Noela Blanco criticou que o director xeral da Función Pública, que respondeu a esta pregunta, puxera en dúbida a credibilidade dunha das denunciantes aludindo á súa cualidade de liberada sindical, o que cualificou de “atentado contra a liberdade sindical”.

A deputada socialista lamentou as dúbidas vertidas polo representante dun goberno que ten recibido unha denuncia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños logo de darlle a praza de xefa de área de Portos Deportivos sen convocatoria pública a unha licenciada en Dereito que foi tenente de alcalde e deputada co PP.

A gañadora da praza conseguiu o seu posto nun concurso que por primeira vez non tivo convocatoria pública e en competencia con catro enxeñeiros, cando precisamente ata este ano a convocatoria sempre incluíu como requisito a titulación técnica de enxeñería de Camiños, Canles e Portos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar