A Xunta "mira para outra parte" mentres Moncloa só permite regularizar 14 dos 255 núcleos costeiros de Galicia afectados pola Lei de Costas

A Xunta "mira para outra parte" mentres Moncloa só permite regularizar 14 dos 255 núcleos costeiros de Galicia afectados pola Lei de Costas

A Xunta "mira para outra parte" mentres Moncloa só permite regularizar 14 dos 255 núcleos costeiros de Galicia afectados pola Lei de Costas

O responsable de Política Territorial do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, acusou hoxe ao Goberno galego de “mirar para outra parte” mentres o proceso de regularización de núcleos afectados pola reforma da Lei de Costas de 2013 tan só permite legalizar 14 dos 255 núcleos costeiros afectados en Galicia, apenas o 5 por cento. O Parlamento aprobou por unanimidade a proposta socialista para que a conselleira se reúna cos alcaldes afectados.

Os socialistas galegos presentaron unha moción no Pleno do Parlamento para urxir unha xuntanza entre a conselleira de Política Territorial cos alcaldes afectados e os axude a resolver unha situación que afecta a 12.500 familias de 58 concellos costeiros. Sánchez Bugallo lembrou que o PP anunciara a regularización inmediata de 8.000 vivendas –o resto serían beneficiadas a medio prazo- e a totalidade dos núcleos costeiros.

A realidade foi que logo de 2 anos de prazo para solicitar as regularizacións, tan só se presentaron 177 solicitudes, das que 163 foron aceptadas e 14 aceptadas. Criticou que o goberno galego queira agora derivar a responsabilidade tanto a concellos como ao goberno central logo dunha campaña de propaganda da que participaron tanto o conselleiro Agustín Hernández como o senador López Veiga.

Daquela agocharon que a reforma proposta polo Parlamento de Galicia por unanimidade foi endurecida no debate do Senado, esixindo aos concellos acreditar que os núcleos estaban consolidados e tiñan servizos básicos en 1988, facendo imposible a súa regularización.

Esixiulle ao goberno galego que “asuma a súa responsabilidade de tutela e de asesoramento urbanístico e apoio a ducias de milleiros de cidadáns de Galicia”, e sinalou que “non basta con botarlle a culpa ao Ministerio, xestionado por certo polo seu mesmo grupo político”.

Criticou que o 80 por cento das denegacións foron notificadas “entre o 25 de maio e o 25 de xuño de 2015, xusto despois das eleccións municipais”, malia que moitas delas foran presentadas en 2013.

Sinalou que “logo de 27 meses dende a entrada en vigor da Lei o importante non son as palabras nin as intencións, son os resultados acadados, os feitos, que din que 29 concellos non viron aprobado un só núcleo rural, e que dos 255 comprometidos tan só foron aprobados 14”.

O responsable socialista rexeitou unha emenda do PP que pedía cambiar o texto da moción para instar á Consellería que “siga facendo o que está a facer” porque, dixo, “non é de abondo seguir facendo o que se fixo porque nos levou a onde estamos, e de aquí precisamente é de onde queremos saír”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que con carácter urxente e inmediato a Sra. Conselleira de Política Territorial se reúna cos alcaldes dos concellos nos que existen núcleos tradicionais afectados pola Lei de costas, sen regularizar, empezando por aqueles cuxas solicitudes fosen desestimadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e continuando polos que tendo solicitudes presentadas están pendentes de resolución, a efectos de cumprir os compromisos adquiridos”.

Illa de Arousa

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar